Esixen responsabilidades polo uso indebido do parque móbil da Xunta de Galicia

Esixen responsabilidades polo uso indebido do parque móbil da Xunta de Galicia

Esixen responsabilidades polo uso indebido do parque móbil da Xunta de Galicia

Beatriz Sestayo afirma que a “malversación dos fondos públicos que debe ser suprimida e condeada”

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar a Feijóo investigar os usos indebidos do parque móbil da Xunta, comunicarllos a esta Cámara e adoptar as medidas sancionadoras que procedan, incluíndo, no seu caso, as de asunción de responsabilidades políticas.

Beatriz Sestayo rexistrou estas 5 iniciativas tras coñecer polos medios de comunicación e pola Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta de Galicia “o uso indebido dos coches oficiais que realizan membros do executivo galego”. Por iso insiste nas súas criticas a “malversación dos fondos públicos que debe ser suprimida e condeada”.

A parlamentaria socialista afirma que “o cinismo do goberno do PP é unha constante do seu goberno”. Advirte ademais que “as evidentes contradicións entre o seu discurso e os feitos son múltiples”.

Sestayo sinala que unha das contradicións máis evidentes “plásmase na tan predicada austeridade, un mantra que veñen repetindo no discurso como escusa para aplicar os recortes nos servizos públicos e nas políticas de cohesión social que tanto molestan ao PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar