Esixen responsabilidades no Ministerio de Sanidade e na Xunta polo caos creado pola modificación sen previo aviso dos prezos menores de 500 medicamentos

Esixen responsabilidades no Ministerio de Sanidade e na Xunta polo caos creado pola modificación sen previo aviso dos prezos menores de 500 medicamentos

Esixen responsabilidades no Ministerio de Sanidade e na Xunta polo caos creado pola modificación sen previo aviso dos prezos menores de 500 medicamentos

O Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández, culpa a Farjas e a Rocío Mosquera do lío informático e das consecuencias do mesmo para os enfermos, que non puideron retirar os preparados

Critica á conselleira por tentar negar o caos mentres os farmacéuticos convocaban reunións en todas as provincias na procura de solucións

O Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández López, ven de denunciar o caos que padecen as farmacias galegas pola modificación dos prezos menores de 500 medicamentos sen previo aviso, por parte do Ministerio de Sanidade.

O dirixente socialista culpa do dano provocado a farmacéuticos e ós enfermos, que non puideron retirar os medicamentos, tanto a Pilar Farjas, Secretaria Xeral de Sanidade do ministerio como a Rocío Mosquera, Conselleira de Sanidade.

Á primeira, os socialistas considérana responsable da actuación sobre os prezos menores de medio millar de medicamentos sen aviso previo nin ás Comunidades Autónomas nin ós despachos de farmacia, a través do Consello de Farmacia estatal.

Isto provocou, que en Galicia, onde case a totalidade das prescricións se fan a través de receita electrónica, a modificación ten bloqueado os dispositivos informáticos de case todas as farmacias galegas.

Censura “a precipitación” coa que está a funcionar o ministerio. Pregúntase Miguel Ángel Fernández si terá algunha relación a mala práctica do ministerio coa dimisión ou cese da Directora Xeral de Farmacia, Sagrario Pérez. En todo caso, os socialistas esixen responsabilidades polo enorme prexuízo que se está a causar aos enfermos galegos.

Fernández López culpa tamén á titular de Sanidade da Xunta porque, sendo seguramente coñecedora de que se ía tomar esta medida, non tomaron as medidas oportunas tanto a nivel de comunicación como de modificación do sistema informático.

Recrimina a Rocío mosquera que pretenda negar a evidencia do bloqueo das farmacias e dos problemas causados aos enfermos por esta decisión do ministerio no territorio galego, onde “os colectivos farmacéuticos se están a reunir na procura de solucións en todas as provincias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar