Esixen "reacción" de Quintana e Cañete respecto da negociación do acordo de pesca con Mauritania

Esixen "reacción" de Quintana e Cañete respecto da negociación do acordo de pesca con Mauritania

Esixen "reacción" de Quintana e Cañete respecto da negociación do acordo de pesca con Mauritania

O portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Val, ven de recriminar á conselleira do Medio Rural e do Mar e ao titular de Agricultura do Goberno do Estado que a negociación do acordo con Mauritania “pilláraos co paso cambiado”, cuxa reacción foi “bastante lenta”.

Como evidencia disto, Val citou hoxe, no transcurso dunha interpelación no Pleno á conselleira do Mar, a “morea de declaracións” amosando a confianza nun bo acordo do ministro Cañete en base ao borrador que se deu a coñecer no verán de 2012, e que, tras o clamor en contra do sector, provocou a emisión dunha nota do ministerio rexeitando o acordo. Tamén reprochou Val a tardanza en escoitarse unha voz crítica desde a Xunta.

Condenou José Ramón Val que nin o Goberno do Estado nin da Xunta se persoaran na negociación “cos deberes feitos”, e aproveitar os medios do ministerio e a consellería para elaborar un informe detallado e rigoroso sobre o estado da pesquería, ou polo menos defender os existentes.

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista advertiu a Rosa Quintana que sobre a flota galega que faena en Mauritania pende un acordo que deixa sen posibilidade de pesca a 24 cefalopodeiros, que 360 persoas teñan que abandonar o caladoiro, que multiplica por catro o prezo das licencias aos barcos da pescada sen aumentar as súas capturas, que reduce a área de pesca un 40%, incrementa as tripulacións nativas ata o 60% e obriga á entrega dun 2% das capturas ao Goberno mauritano.

Para José Ramón Val é “unha das peores negociacións que se recordan en toda a historia dos acordos pesqueiros”, xunto coa de Marrocos. O voceiro de pesca do Grupo Socialista salientou a coincidencia de gobernos do PP en Madrid e en Galicia co fracaso das negociacións pesqueiras cos países norteafricanos. “En 1999 remataron con gran parte da nosa presenza no caladoiro marroquí, con Aznar e Fraga, e agora están a piques de rematar coa presenza en augas mauritanas en 2013, con Rajoy e Feijóo”, concluíu.

CONSECUENCIAS DA PASIVIDADE DOS GOBERNOS

José Ramón Val recriminou a Rosa Quintana si foi o Goberno galego o que trasladou a Cañete a valoración do informe do verán de 2012, que levou ao ministro a consideralo moi positivo. Esixiu á titular de Medio Rural e Mar e ao ministro do ramo que “recoñezan que non fixeron os deberes”.

Citou que o rendemento da pesquería medrou un 128% neste último ano de 8 a 18 kg por cada lance de media hora. Unha mellora considerable nos recursos do caladoiro respecto dos datos que se toman para o acordo “de hai cinco anos”.

Mentres a proposta mauritana é de retirada dos cefalopodeiros galegos en base ao estado do recurso, a Galicia seguen a chegar 30 contedores ao mes de polbo mauritano, descargado por barcos con bandeira deste país e de titularidade china, na súa maioría.

Val considera que isto non se pode consentir por parte galega e española. Considera unha irresponsabilidade que si se coñecían estes datos non se argumentaran e se exercera presión para a convocatoria do comité científico antes da reunión de París. “Agora converteuse na nosa última carta”, reprochou a Quintana o deputado socialista.

“Mentres vostedes espertan os intereses pesqueiros galegos levan fora de Mauritania 8 meses, con moitos mariñeiros sen cobrar porque non se puideron acoller as axudas”, insiste Val.

O parlamentario socialista esixiu á conselleira que “se poña a traballar, porque xa non é tempo de boas palabras”, e pediulle estar “tan rápida como para convocar unha reunión co sector ao coñecer a orde do día deste pleno”, unha xuntanza que o deputado atribúe a un intento de “lavar a cara diante da opinión pública”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar