Esixen que se ordene e fiscalice o fondeo de embarcacións deportivas estranxeiras fora das instalacións portuarias no verán

Esixen que se ordene e fiscalice o fondeo de embarcacións deportivas estranxeiras fora das instalacións portuarias no verán

Esixen que se ordene e fiscalice o fondeo de embarcacións deportivas estranxeiras fora das instalacións portuarias no verán

Segundo a parlamentaria, Marisol Soneira, causan prexuízos ao sector pesqueiro e marisqueiro e provocan perdas nas arcas da Administración ao non pagar as taxas portuarias

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Marisol Soneira, ven de presentar unha proposición non de lei pola que se insta ao Goberno galego a tomar todas as iniciativas que fosen necesarias para ordenar, regular e fiscalizar o fondeo de embarcacións deportivas estranxeiras que, periodicamente, fan escala nas nosas rías e non empregan as instalacións portuarias dispoñibles.

Segundo explica a parlamentaria socialista, as competencias en materia de fondeo están compartidas pola Xunta e o Goberno central, e, incluso por distintos departamentos dentro da mesma administración. Esta situación propicia que embarcacións de recreo da máis variada procedencia fondeen nas rías galegas fora das instalacións portuarias, de xeito anárquico, denuncia Soneira. A socialista ten detectado que este problema é máis acentuado nas rías do Norte que nas do Sur de Galicia.

Este fondeo sen control afecta ás actividades marisqueiras e pesqueiras, ocasionando interferencias coa navegación, e mesmo ocasionando danos aos fondos e aos bancos marisqueiros coas áncoras de fondeo.

Soneira suma a este problema as perdas que ás arcas públicas ocasiona esta práctica, xa que as embarcacións non pagan as taxas portuarias nin empregan as instalacións que a Administración pon á súa disposición con gran esforzo e a conta dos contribuíntes, sinala a deputada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar