Esixen que se faga público un regulamento coas condicións específicas para someterse á arbitraxe no tema das preferentes

Esixen que se faga público un regulamento coas condicións específicas para someterse á arbitraxe no tema das preferentes

Esixen que se faga público un regulamento coas condicións específicas para someterse á arbitraxe no tema das preferentes

Rivera considera que a Xunta de Galicia “crea falsas expectativas co arbitraxe”, na medida en que este instrumento de resolución “vai ser aplicado selectivamente cuns poucos afectados”

Asegurou que as persoas que agardan na cola das Oficinas de Consumo, “carecen dos modelos de adhesión a arbitraxe e os funcionarios non dispoñen de información algunha para trasladar aos afectados”

O deputado socialista acusou directamente a Feijoo de ser “un demagogo compulsivo”, e asegurou que “Galicia merece un presidente que faga algo máis que propaganda mediática”

O Portavoz de Consumo do PSdeG-PSOE, Juan Carlos Francisco Rivera, esixiu ao goberno galego que “se faga público” un Reglamento “coas condicións específicas para someterse a arbitraxe no tema das preferentes”. O deputado socialista considera que a Xunta de Galicia “crea falsas expectativas co arbitraxe”, na medida en que este instrumento de resolución “vai ser aplicado selectivamente cuns poucos afectados”.

Puxo de manifesto que, mentres ducias de persoas agardan na cola das Oficinas de Consumo, “estas carecen dos modelos de adhesión a arbitraxe e os funcionarios non dispoñen de información algunha para trasladar aos afectados”. Rivera denuncia isto, despois de visitar hoxe á mañá a Oficina de Consumo da Xunta de Galicia en Ourense.

O dirixente socialista lamentou, unha vez máis, “a incapacidade e insensibilidade do goberno galego para plantexar unha proposta seria ante este drama social que afecta a milleiros de familias galegas”. Rivera acusou directamente a Feijoo de ser “un demagogo compulsivo”, e asegurou que “Galicia merece un presidente que faga algo máis que propaganda mediática”.

Os socialistas galegos seguirán defendendo nas institucións unha “saída política”, que pasa necesariamente pola “devolución integra de todos os cartos aos afectados”. “Saída política que pasa necesariamente por diferenciar claramente os aforradores estafados dos inversores, plantexando medidas lexislativas que permitan o canxe das preferentes e das subordinadas por depósitos de prazo fixo e renegociando en Bruselas as condicións do rescate a bancos nacionalizados”, sentenciou Rivera.

Por último, o deputado socialista instou o Presidente Feijoo a que “plantexe directamente que NovaGalicia Banco se allane a demanda da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza”, como primeiro paso “para solucionar este enredo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar