Esixen que se cumpra a Directiva Hábitat para regular o aproveitamento eólico en Galicia

Esixen que se cumpra a Directiva Hábitat para regular o aproveitamento eólico en Galicia

Esixen que se cumpra a Directiva Hábitat para regular o aproveitamento eólico en Galicia

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego anunciou que rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama á Xunta de Galicia cumprir cos preceptos emanados do artigo 6 da Directiva Hábitat e do artigo 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación ambiental na tramitación administrativa de novos parques eólicos ou ampliación dos existentes, sexa cal sexa a data de autorización do seu Plan ou proxecto sectorial.

Gallego sinala na iniciativa rexistrada que no primeiro trimestre deste ano 2011 a Xunta de Galicia iniciou a tramitación de información pública de 10 parques eólicos, dous dos cales son ampliacións de parques xa existentes. Explica que estes parques situados 5 na provincia de A Coruña, 3 na provincia de Pontevedra, 1 na provincia de Ourense e 1 na de Lugo son proxectos antigos que probablemente no seu día cando se realizou o Plan Sectorial non se someteron a trámites de avaliación ambiental estratéxica.

Advirte que 6 parques invaden zonas incluídas na Rede Natura 2000 e con hábitats prioritarios e a totalidade dos 10 parques acollen nas súas localizacións especies ameazadas.

A portavoz socialista asegura dende o ano 2004 os plans e proxectos sectoriais están obrigados a realizar avaliación ambiental estratéxica por lexislación comunitaria. Así as cousas argumenta que “a propia lexislación vixente en Galicia sobre a enerxía eólica prevé na actualidade a non construción de novos parques eólicos no ámbito da Rede Natura 2000, por iso é necesario coñecer cal vai ser a actuación da Xunta de Galicia nestes termos respecto destes 10 parques eólicos e os que puideran vir máis adiante nas mesmas circunstancias”.

Neste punto Carmen Gallego dixo que avaliar os efectos sobre os hábitat de conservación prioritarios e posibles alternativas, sobre as especies incluídas nos catálogos de especies ameazadas e medidas mitigadoras, inclusión de medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas, sobre os efectos acumulativos cos parques eólicos xa existentes, sobre a mortandade das especies nos viais de acceso, etc., son algunhas das obrigas legais que debe cumprir o Goberno de Feijóo.

Dende o PSdeG entendemos que “é imprescindible a avaliación ambiental estratéxica tamén por razón de seguridade xurídica aos promotores dos parques”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar