Esixen que Feijóo compareza no Parlamento para explicar a perda de ocupados en Galicia

Esixen que Feijóo compareza no Parlamento para explicar a perda de ocupados en Galicia

Esixen que Feijóo compareza no Parlamento para explicar a perda de ocupados en Galicia

Que en Galicia con 2,8 millóns de habitantes caia a ocupación en 17.000 persoas e no total do Estado, con 47 millóns, caia 16.000, debera ser motivo suficiente para que comparecera Feijóo

Losada, cualificou de “totalitarios” os dous últimos plenos, onde o Grupo Popular non deixou introducir ningún tema á oposición

En relación á redución de deputados, Losada afirmou que menoscabar o papel do Parlamento é un exercicio prefascista

O Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, criticou a cerrazón dos populares para introducir temas da oposición na orde do día dos plenos. Esta actitude de peche dos populares levou a Losada a cualificar de “totalitarios” estes plenos “nos que só se debaterán asuntos do Goberno e do Grupo Popular”, “únicos protagonistas do mesmo”, dixo o Portavoz socialista, para o que o mes de xullo, habilitado para traballar, “non serviu máis que de plataforma publicitaria do PP e do Goberno da Xunta”.

Losada lamenta que se teña perdido a oportunidade de debater en pleno “temas que consideramos moi relevantes”, valorou, como as dúas peticións de comparecencia do Presidente Feijóo. A primeira delas sobre os efectos dos recortes,“inducidos desde Madrid”, na actividade económica e no mercado laboral. A segunda comparecencia, para pedir explicacións sobre os resultados da fusión das caixas galegas e a consecuencia da mesma no sistema financeiro. “Tivemos que asistir ao bochorno de que Fernández Gayoso comparecera primeiro no Congreso que na cámara galega”, recordou Losada. A continuación, reprochou aos populares que “agora si, en tempo de desconto”, van permitir que se cree a comisión de investigación.

O portavoz socialista vincula este feito á nova inxección económica que o banco resultante da fusión, “pois o único que cambiou desde que pedimos os socialistas esta comisión foi que se dou a coñecer que a entidade necesita 10.000 millóns de euros”. Unha situación moi lonxe da que prevía a auditoría de KPMG, na que se apoiaba o presidente Feijóo para dicir que a operación era rendible e viable.

Tamén foron rexeitadas dúas iniciativas lexislativas populares, unha sobre a continuidade de Preescolar na Casa e outra promovida por SOS Sanidade Pública. Son “dous temas relacionados con esta política de recortes inducida polo Goberno de Rajoy e aceptada de maneira non só acrítica, senón entusiasta por Feijóo” e que “sigue menoscabando os servizos públicos esenciais, co que significa de diminución nas condicións de vida dos cidadáns, especialmente os que teñen máis problemas”, lamentou Losada.

Insistiu na necesidade de que compareza ante o Parlamento de Galicia o Presidente da Xunta, para que explique cal é a súa estratexia económica e laboral, porque os datos ata o de agora son “absolutamente negativos”. Losada citou a EPA do último trimestre no que mentres no conxunto do Estado a perda de ocupados cae en 16.000 persoas, dun total de 47 millóns de habitantes, en Galicia descendía en 17.000 persoas, dun total de 2,8 millóns de habitantes.

Para Losada “se esta evolución tan absolutamente escandalosa en termos comparativos co conxunto de España non é suficiente para que compareza o Presidente e o seu Goberno para explicar a súa estratexia e, sobre todo, que pensa mudar dela, porque é evidente que está fracasando, entendemos que ás veces enfoques que consideran que o Parlamento é inútil”. “Enfoques que proveñen desa forma de actuar politicamente”, dos que “desprezan e menoscaban o papel do Parlamento, aí é onde está a orixe da visión inxusta da institución parlamentaria”, que o socialista considera que promoven Feijóo e o seu Goberno.

O PLENO DOS RECORTES

Abel Losada tachou este pleno como o dos “recortes”. En relación aos temas introducidos polo PP e o Goberno, o Portavoz socialista chamou a atención sobre o teito de gasto, que darase a coñecer mañá aos partidos da Oposición para ser sometida a aprobación o xoves. Este teito de gasto ven marcado, por dúas cuestións, primeiro o “dobre recorte”, que Feijóo aplicou antes de que os impuxera Madrid e despois. O segundo é a translación dos recortes na función pública de maneira mimética.

Neste sentido Losada salienta o carácter ideolóxico: “o enfoque reaganiano de considerar o Estado, o público parte do problema e non da solución”, e unha dimensión mercantil:“coma nos vasos comunicantes, cada vez que se ataca a sanidade e a educación públicas, os servizos sociais, hai empresas privadas que saben que van incrementar a súa facturación”. “Somos un pouco máis pobres, pero isto non nos pode facer máis inxustos”, reprocha o socialista ao Partido Popular.

Sobre a Lei de Inclusión social, Losada denuncia un procedemento “sistemático e premeditado”. Primeiro houbo unha redución de fondos nos Orzamentos do 60%. A partires de ese momento é cando se desmantelan os servizos sociais das grandes cidades de Galicia, e agora se presenta unha reforma que pasa unha lei de defensa dun Estado de Dereitos a unha lei “asistencialista e de Estado caritativo” e que “abre a vía á privatización”.

PROPOSTA REDUCIÓN DEPUTADOS

Preguntado pola proposta de redución de deputados, que, no momento da comparecencia aínda non fora entregada aos grupos polo GP Popular, Losada definiuna como “un exercicio de propaganda e publicidade indubidable”. Trátase dunha “manipulación das regras de xogo cando está a piques de comezar o partido”, e, polo tanto, “é unha trampa” e “nos non imos cooperar con trampas de carácter político”, afirma o portavoz socialista.

Menoscabar o papel do Parlamento é “un exercicio prefascista”, sentenciou Losada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar