Esixen que a Xunta investigue de oficio o funcionamento das depuradoras promovidas pola Deputación de Ourense e investigadas pola UE

Esixen que a Xunta investigue de oficio o funcionamento das depuradoras promovidas pola Deputación de Ourense e investigadas pola UE

Esixen que a Xunta investigue de oficio o funcionamento das depuradoras promovidas pola Deputación de Ourense e investigadas pola UE

A parlamentaria socialista, María Quintas, ven de esixir á Xunta que inicie unha investigación de oficio sobre o funcionamento das estacións depuradoras de augas residuais na provincia de Ourense e o grao de cumprimento da normativa vixente pola Deputación provincial, a través da defensa dunha proposición non de lei en Comisión parlamentaria.

Para a deputada socialista, “non é suficiente con dicir que xa se resolverá, como dixo Feijóo”. Para o PSdeG é preciso unha reacción sobre este asunto do Goberno galego, xa que está implicado o Delegado da Xunta nesta provincia, Rogelio Martínez. Que, segundo Quintas, “está baixo sospeita” logo de que unha vez xa recoñeceu irregularidades relacionadas con axudas europeas, e ten outro caso pendente do xuíz, e agora esta en investigación”.

Para a socialista ourensá a Xunta debe contribuír a explicar as razóns polas que non houbo ningún tipo de control sobre o emprego dos fondos europeos, xestionados maioritariamente por gobernos populares.

A Unión Europea vén de detectar indicios de fraude no desvío de fondos estruturais para construír plantas depuradoras de augas que agora manteñen un funcionamento irregular, non cumprindo a función para que foron construídas. Tamén en proxectos de rehabilitación de estacións de ferrocarril ou de construción de centros para a transformación da biomasa.

De acordo coas informacións publicadas, que non foron desmentidas, indica María Quintas, existiron procedementos viciados viciados na adxudicación das plantas depuradoras, un contrato de 5,3 millóns de euros cun prego de condicións técnicas que excluía a libre concorrencia. Todas as depuradoras foron adxudicadas á mesma empresa, Facet Ibérica, e distribuídas por SMA.

O mantemento posterior esta asumido pola Deputación provincial. Os alcaldes dos concellos afectados protestan polo custo enerxético, de 10 quilovatios/hora, a radicación non axeitada nalgúns casos e problemas de deseño, por depurarse simultaneamente augas residuais e pluviais. A maioría ou apagaron as depuradoras, que inicialmente estaban deseñadas para a súa instalación en buques militares noruegueses, ou as acenden intermitentemente porque non son capaces de asumir o seu consumo enerxético.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar