Esixen o pago dos salarios pendentes aos traballadores da Feira de Ferrol e a dimisión do Consello de Administración

Esixen o pago dos salarios pendentes aos traballadores da Feira de Ferrol e a dimisión do Consello de Administración

Esixen o pago dos salarios pendentes aos traballadores da Feira de Ferrol e a dimisión do Consello de Administración

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo esixiu no Parlamento a dimisión en bloque do consello de administración da Feira de Mostras do Noroeste de Ferrol –Fimo- e o pago das nove mensualidades que lle adebedan aos seus 9 traballadores. Así o dixo na Comisión de Industria, na que lle preguntou á Xunta pola situación da feira decana de Galicia.

A responsable socialista denunciou a “absoluta falla de proxecto” amosada polo PP tanto dende a Xunta como dende o concello e a Deputación provincial e alertou dunha “folla de ruta oculta” para privatizar o ente. Sestayo reclamoulle a

o PP que “apoien aos socialistas nas solucións que si temos” para garantir a entrada das administracións implicadas en Fimo co obxectivo de constituír unha Feira de Turismo de referencia.

Salientou o “incumprimento flagrante” por parte do presidente da Xunta, a Deputación provincial e o alcalde de Ferrol nas súas promesas de solucionar a situación dunha feira da que “se acordan cando hai un evento”.

Lembrou así que tanto o alcalde de Ferrol como o presidente da Deputación Provincial e a directora xeral de Comercio, en nome da Xunta, anunciaran a constitución dunha Fundación para a xestión da situación actual “da que aínda non sabemos nada” o que, sinala, “constitúe unha mostra mais das mentiras e a falla de compromiso do goberno galego”.

Considera “sangrante” que “mentres as administracións populares regalan as instalacións públicas para que os amigos fagan negocio, os traballadores públicos da Feira do Noroeste leven xa nove meses sen cobrar.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar