Esixen explicacións “pola neglixente xestión da Xunta nas queimas descontroladas en Bande”

Esixen explicacións “pola neglixente xestión da Xunta nas queimas descontroladas en Bande”

Esixen explicacións “pola neglixente xestión da Xunta nas queimas descontroladas en Bande”

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista, Sonia Verdes, anunciou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar explicacións pola neglixente xestión da Xunta nas queimas descontroladas do Concello ourensán de Bande, donde hai queimadas 430 ha. Advirte que o monte queimado esta nun espacio medioambiental con especies únicas e unha masa de piñeiros silvestres de mais de 100 ha.

Verdes rexistrou unha pregunta en Pleno, unha pregunta en Comisión, unha Interpelación e unha petición de Artigo 9, para reclamar o Informe da Consellería de Medio Rural da investigación aberta para esclarecer as causas do lume, e que arrasou 410 ha, segundo datos da propia Consellería.

A voceira socialista sinala que o incendio foi provocado ao descontrolarse unha queima que estaba a facer a propia Consellería de Medio Rural, e que abriu unha investigación. Lembra tamén que hai un mes outro incendio calcinaba arredor de 343 ha no Concello de Muíños que afectaba ao parque natural do Xurés.

A parlamentaria denuncia que arredor de 2000 ha quedaron arrasadas polos lumes no que vai de ano, o que supón o 14% da superficie arrasada en todo o ano 2010, e 1847 correspóndense cos 26 incendios de mais de 20 ha dos que facilita información a Consellería de Medio rural.

Verdes subliña que a maioría dos grandes lumes afectaron á provincia de Ourense, o que supón o 91% da superficie total arrasada, sendo tamén a provincia mais castigada polos lumes durante a campaña de 2010. Di que o maior lume rexistrouse no Concello de Laza que arrasou arredor de 2000 ha e arredor de 700 en Chandrexa de Queixa, sendo presa das lapas mais de 3000 hectáreas no Macizo Central Ourensán, incluídas na Rede Natura 2000.

Así as cousas a deputada denuncia que coa chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta abandonáronse as políticas de xestión e ordenación forestal e de prevención de incendios. Asegura tamén que se recortaron “case 24 millóns de euros”, e advirte que o Partido Popular “segue a utilizar a política de desinformación e ocultación en materia de incendios”.

Verdes quere coñecer, entre outros asuntos, qué valoración fai o Goberno Galego da oleada de incendios forestais que está a sufrir Galicia, e nomeadamente na provincia de Ourense?. E tamén quere saber que razóns xustifican a política de desinformación e ocultación do goberno galego en materia de incendios forestais?.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar