Esixen ao presidente da Xunta de Galicia que clarifique cales son os servicios hospitalarios que pensa privatizar

Esixen ao presidente da Xunta de Galicia que clarifique cales son os servicios hospitalarios que pensa privatizar

Esixen ao presidente da Xunta de Galicia que clarifique cales son os servicios hospitalarios que pensa privatizar

O Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, recórdalle a Núñez Feijóo que é el o responsable último da xestión sanitaria pública galega

Ínstao a que, se considera que a xestión dos centros sanitarios públicos e mellorable, antes de privatizalos, probe a cambiar os responsables da Consellería e a cambiar a súa política sanitaria por unha mais eficiente

O PSdeG-PSOE considera “moi graves” as declaracións realizadas polo Presidente da Xunta nun acto no día de onte e recollido hoxe por varios medios de comunicación. O Presidente da Xunta defendeu a privatización de todo aquilo que non sexa o que el mesmo chamou “núcleo duro” da Sanidade.

O responsable da área de Sanidade da Executiva dos socialistas galegos, Miguel Ángel Fernández, pregúntase se o que pretende Núñez Feijoo é privatizar non so os servizos non clínicos, moitos deles xa externalizados, senón os laboratorios, gabinetes radiolóxicos, xestión do persoal non facultativo, etc. “Ou o que pretende o Presidente da Xunta e externalizar o servizo de comidas e cobrar por elas?” advirte o dirixente socialista.

Nese mesmo almorzo informativo, o Presidente aseveraba que non existe xestión privada ou pública, existe boa o mala xestión, insinuando, deste xeito, que a privatización dos servizos podería levar a unha mellor xestión.

Neste sentido, Fernández López recórdalle que se esquece que o responsable último da xestión da Sanidade pública e el mesmo.

Por iso, “se cree que a xestión da Sanidade pública galega non é a adecuada, en lugar de privatizar os servizos o que debe facer é cambiar os responsables da Consellería que el mesmo nomeou e que levaron á nosa comunidade ós peores datos en lista de espera, en débeda sanitaria e vai camiño do maior deterioro na calidade asistencial que nunca se viu na nosa comunidade”, recomendoulle o dirixente socialista ao Xefe do Executivo galego.

Por todo elo, continúa Fernández López, os socialistas esixen “ao Presidente da Xunta que clarifique á sociedade galega que é o quere privatizar, cales son os servizos non eficientes e que considera Feijóo que pode ser mellor xestionado polas empresas privadas”.

En opinión dos socialistas “o que necesita Galicia é un Goberno que xestione mellor os recursos e que non provoque o deterioro consciente dos sistemas públicos ca finalidade de implantar sistemas privados alternativos”, aseverou o responsable de Sanidade dos socialistas galegos.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar