Esixen ao goberno un estudo para coñecer o motivo da desaparición de colonias de abellas en Galicia

Esixen ao goberno un estudo para coñecer o motivo da desaparición de colonias de abellas en Galicia

Esixen ao goberno un estudo para coñecer o motivo da desaparición de colonias de abellas en Galicia

Sonia Verdes, portavoz socialistas de Medio Rural, propón a realización dun estudio sobre o sector apícola e a influencia que sobre a desaparición das colonias teñen os pesticidas neonicotinoides

Os socialistas apostan por promover a apicultura como unha actividade multifuncional e sustentable tendo en conta a súa importancia para o mantemento da biodiversidade e dos cultivos agrícolas e forestais

A parlamentaria socialista, Sonia Verdes, presentou unha proposición non de lei pola que se insta á Xunta elaborar un estudio do sector apícola en Galicia, da súa evolución e do estado sanitario das colonias de abellas.

O devandito estudio debera ser realizado en colaboración cos apicultores e as súas asociacións e estar apoiado en informes técnicos e científicos, para avaliar os riscos para as abellas da utilización de pesticidas na agricultura, nomeadamente dos insecticidas sistémicos neurotóxicos (neonicotinoides).

O fin de este informe, explica a portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, sería determinar as causas da desaparición das colonias de abellas en Galicia, que permita deseñar e implementar as medidas necesarias para garantir a supervivencia das abellas e do sector apícola en Galicia, compatibles co desenvolvemento das actividades agrogandeiras a través do fomento de practicas agronómicas sustentables que permitan manter a biodiversidade dos cultivos.

Sonia Verdes recolle nesta iniciativa a preocupación do sector apícola galego que comproba como, nos últimos dez anos, están a desaparecer colonias de abellas, que, ao mesmo tempo, presentan comportamentos anómalos. Os apicultores vinculan a desaparición das abellas ó emprego de praguicidas, nomeadamente os neonicotinoides, empregados tanto en agricultura como en explotacións forestais, e que se aplican por fumigación aérea.

Recorda a deputada socialista que este tipo de pesticidas xa se prohibiron en algúns países da UE e, no caso do flufenoxuron, empregado en Galicia para o gurgullo do eucalipto, a Comisión Europea prohibía o seu uso no mes de febreiro do 2011, tal que este pesticida sistémico deixará de comercializarse en agosto do presente ano.

A deputada socialista considera que se debe promover a apicultura como unha actividade multifuncional e sustentable, preservando a supervivencia das colonias de abellas, tendo en conta a súa importancia para o mantemento da biodiversidade e dos cultivos, favorecendo ao tempo o desenvolvemento dunha agricultura realmente respectuosa co medio ambiente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar