Esixen ao goberno de Feijóo máis medios no sistema de arbitraxe para os estafados polas participacións preferentes e subordinadas

Esixen ao goberno de Feijóo máis medios no sistema de arbitraxe para os estafados polas participacións preferentes e subordinadas

Esixen ao goberno de Feijóo máis medios no sistema de arbitraxe para os estafados polas participacións preferentes e subordinadas

Carmen Gallego reclama facer públicos os criterios de inclusión e de exclusión na arbitraxe, que se preste asesoramento xurídico e impugnar a normativa de reestruturación do sistema financeiro que establece quitas para as persoas estafadas

Pide que esixa de Novagalicia Banco que notifique a todas as persoas que subscribiron participacións preferentes e/ou obrigas subordinadas a súa situación actual

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixe ao Goberno de Feijoo que dote con máis medios humanos e materiais o sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo co obxecto de axilizar os procedementos, e incluír neste a todas as persoas estafadas por participacións preferentes e obrigas subordinadas.

Gallego, que defendera unha moción no vindeiro Pleno da Cámara Autonómica, reclama tamén facer públicos os criterios de inclusión e de exclusión na arbitraxe a fin de transparentar a súa concesión.

A responsable socialista pide que se preste asesoramento xurídico a todas aquelas persoas estafadas que así o requiran para poder demandar xudicialmente ás entidades financeiras.

Solicita ademais impugnar a normativa de reestruturación do sistema financeiro que establece quitas para as persoas estafadas, e que se esixa de Novagalicia Banco que notifique a todas as persoas que subscribiron participacións preferentes e/ou obrigas subordinadas a súa situación actual.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar