Esixen ao goberno a retirada do plan sectorial das ampliacións do polígono industrial de Arteixo

Esixen ao goberno a retirada do plan sectorial das ampliacións do polígono industrial de Arteixo

Esixen ao goberno a retirada do plan sectorial das ampliacións do polígono industrial de Arteixo

Os populares votaron en contra desta demanda, defendida polo deputado socialista, Luis Toxo, recollendo as alegacións e propostas veciñais, dos partidos e do propio concello

Toxo advirte dos riscos de producir unha “burbulla” concentrando todo o solo da comarca que “pode que enriqueza a uns poucos pero prexudicaría á maioría”, limitando a calidade de vida do municipio

Os socialistas veñen de esixir ao Goberno, a través dunha iniciativa debatida hoxe en Comisión, que se retiren as ampliacións das fases A, B e C do Polígono de Arteixo. No seu total, suporían 17 millóns de m2, multiplicando por dous o solo industrial actual.

A razón desta petición reside, segundo os socialistas, en que dada a dimensión do solo proxectado polo Plan Sectorial de ordenación de áreas empresariais de Arteixo, se produciría unha “sobre dimensión” desta clase de solo sen xustificación suficiente e sen base no planeamento local.

De materializarse, Arteixo, tería dedicado a solo industrial 17 millóns de m2 dos 93 millóns de m2 totais do concello, é dicir, a 5ª parte da súa extensión. Tería unha proporción de solo produtivo por habitante tres veces maior que concellos como A Coruña, Vigo ou Santiago.

Abundando no deterioro da calidade de vida que se desprende destes datos, o deputado socialista recordou que neste municipio coruñés xa están instaladas, entre outras, unha refinería, unha térmica e unha empresa química. A ampliación, a xuízo de Toxo, excedería a capacidade de carga ambiental do municipio.

http://tradingstrategiess.com/

Existen ademais outros argumentos. Como que “non existe unha demanda de solo industrial tan importante” en Arteixo, xa que se conta con unha carga empresarial e industrial das máis importantes de Galicia. Tampouco está garantida unha relación directa entre solo industrial e emprego, pois Arteixo ten precisamente o índice de desemprego por habitante máis alto da comarca.

A isto habería que engadir a deficitaria rede viaria, xa colapsada, na actualidade e a complexidade de poder atender a expansión derivada da implantación de novo tecido industrial en materia de servizos.

Consideran “incomprensible” que un Plan Sectorial, que debe ter a vocación de establecer un equilibrio entre áreas funcionais e comarcais, impoña que a maioría do solo industrial recaia nun só municipio, provocando coa súa implantación, de chegarse a materializar, serias disfuncións estruturais ea desaparición de riqueza ambiental, patrimonial e social.

O Partido Popular rexeitou esta demanda ao goberno, a pesares da insistencia do Grupo Socialista para que se tiveran en conta as alegacións dos veciños, dos partidos políticos e do propio concello ao respecto.

Toxo demandou aos populares que atenderan o “interese xeral e non converta a Arteixo nun cemiterio de formigón”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar