Esixen á Xunta un plan de potenciación e de estabilidade do emprego no comercio local

Esixen á Xunta un plan de potenciación e de estabilidade do emprego no comercio local

Esixen á Xunta un plan de potenciación e de estabilidade do emprego no comercio local

O deputado socialista, Manel Gallego Lomba, ven de demandar unha política de impulso e protección do comercio galego “que vai máis alá da chuvia fina” de axudas ás asociación de comerciantes que está a desenvolver a Xunta.

O portavoz de Comercio e Consumo do Grupo Socialista, na exposición dunha pregunta en Comisión parlamentaria, recriminou á Directora Xeral de Comercio que a Xunta non ofreza un Plan de Traballo para salvar o pequeno comercio, cuxos datos “son aínda peores que os da media española”.

Gallego Lomba citou os datos do Instituto Nacional de Estatística do primeiro semestre deste ano. As vendas caen en Galicia un 5,6%, mentres en España un 4,2%. No relativo á ocupación, en Galicia sofre unha baixada do -3,2%, maior ca do estado, que se sitúa no 2%.

O deputado socialista acusa ó Goberno de Feijóo de “poñerse de perfil” diante do peche de negocios nas vilas e cidades, onde cada vez abundan máis os carteis de “véndese” e “alúgase” nos locais comerciais. Gallego instou á Xunta a potenciar o comercio, e propuxo á responsable de Comercio que trouxera á Cámara, coa maior brevidade, un Plan para potenciar o comercio. “A vostedes lles corresponde gobernar, pero os grupos poderíamos facer achegas e sacar adiante un Plan do Comercio serio e un Plan de Estabilidade do Emprego que actúe sobre a precariedade no sector”, onde se están a xestionar contratos de ata medio día.

Recriminou ó Goberno a súa actitude refractaria á autocrítica. “Algo están facendo mal” cando os comercios as vendas e a ocupación caen en maior medida que a media estatal. Gallego Lomba rexeitou os argumentos da titular de Comercio cimentados no Plan Ágora e en campañas, que “non tiveron éxito”.

Por esta razón o deputado socialista esixiu valentía no desenvolvemento das políticas de potenciación do comercio, escoitando as necesidades do sector e apostando por accións específicas, como a apertura de liñas de crédito para o téxtil en temporada de compra de stocks, que Gallego empregou como exemplo.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar