Esixen á Xunta que reclame ao goberno que convoque oferta de emprego de xuíces e fiscais no ano 2012

Esixen á Xunta que reclame ao goberno que convoque oferta de emprego de xuíces e fiscais no ano 2012

Esixen á Xunta que reclame ao goberno que convoque oferta de emprego de xuíces e fiscais no ano 2012

Á parlamentaria socialista, Dolores Rodríguez Amoroso, rexeita os criterios de austeridade que aduce o ministro de Xustiza e recrimina á Xunta que antepoña os intereses partidarios e de Rajoy aos propios de Galicia

Rodríguez Amoroso reprochou ao Director Xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, empregara argumentos competenciais para non responder á pregunta en comisión da socialista, que criticou que a Xunta teña permanecido muda ante unha decisión que nos prexudica

A parlamentaria socialista, Dolores Rodríguez Amoroso, ven de recriminar á Xunta que "permaneza calada" ante unha decisión do Goberno do Estado que prexudica ao país, como é a decisión do Ministerio de Xustiza de non convocar oferta de emprego público para xuíces e fiscais durante o ano 2012.

Na comisión parlamentaria celebrada hoxe, a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista recriminou ao Director Xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, que se escudara en cuestións competenciais para non responder á petición de valoración desta decisión do ministerio.

Criticou ao Goberno de Feijóo que estea antepoñendo intereses partidistas aos propios de país, "que debera defender" e de pregarse aos criterios de Rajoy antepoñendo estes ás necesidades de Galicia.

Neste sentido, Dolores Rodríguez Amoroso, salienta que a crise está a provocar unha maior carga de traballo nos xulgados, pois a litixiosidade ten aumentado dende o 2008 "en máis dun 55%". "Os socialistas botamos de menos unha reclamación da convocatoria de prazas para xuíces e fiscais, cando a Xunta ten solicitado a creación de novas unidades xudiciais" e a comisión mixta do TSXG e a Xunta teñen reclamado prazas de xuíces e creación de novos órganos xudiciais.

Non entende a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista que a Xunta non teña reaccionado ante a "conxelación da oferta de emprego público", cando "lesiona de maneira directa os intereses das galegas e os galegos, que teñen que acudir a Xustiza". "Non nos vale que digan que ao non tratarse dunha competencia propia non poden opinar", dixo a Martín Álvarez, "só faltaría que a Xunta non puidera pronunciarse ou reclamar do Goberno do Estado o cumprimento daquelas resolucións que nos afectan directamente como país", aseverou.

Galicia ocupa o 8º lugar en taxa de litixios, polo que non se entende a postura da Xunta por parte dos socialistas. Tampouco entenden, expón Rodríguez Amoroso a "desproporción existente entre a redución de prazas ofertadas, do 80% e a redución de orzamento á que se somete o ministerio, do 6,3%", o que fai inxustificable o argumento da austeridade. Sobre todo se a este argumento se engade que as prazas a concurso xa están cubertas por suplentes ou substitutos, polo que "o aforro é insignificante".

A estes motivos engadiu a deputada socialistas a "inseguridade e falla de motivación" que supón esta conxelación da oferta de pública de emprego para os opositores, "que levan preparando moitísimo tempo" o acceso á xudicatura.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar