Esixen á xunta que “garanta medios e servizos públicos para as persoas que desexen ter fillos libre e voluntariamente”

Esixen á xunta que “garanta medios e servizos públicos para as persoas que desexen ter fillos libre e voluntariamente”

Esixen á xunta que “garanta medios e servizos públicos para as persoas que desexen ter fillos libre e voluntariamente”

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, esixiu á Xunta “que garanta as condicións para que as persoas que libre e voluntariamente desexen ter fillos teñan medios e servizos públicos”. Así o dixo no debate de hoxe da Comisión de Demografía do Parlamento.

A parlamentaria socialista sinalou que a Xunta debe garantir os medios públicos necesarios para axudar a que as persoas que decidan asumir esta responsabilidade poidan facelo “independentemente dos seus medios e condicións de vida”. Lamentou que a Xunta compareza nesta Comisión “sen presentar medidas nin iniciativas” co que “veñen facernos perder o tempo”.

Sestayo criticou que a única solución ofrecida pola Xunta de Feijóo sexa defender un Proxecto de Lei de Familia que é “claramente ideolóxico e partidista” e que “defende un modelo de familia concreto e non apoia nin a corresponsabilidade nin a conciliación da vida familiar e laboral”. Cualificou de “barbaridade” que esta Lei “potencie que as nais teñan fillos cando estean en situación dificultosa para dalos en adopción”.

Lamentou que mentres o Goberno de Feijóo presenta esta Lei leva dous anos paralizando as medidas establecidas pola Lei do Traballo en Igualdade elaborada polo goberno socialista na lexislatura pasada. Sinalou que esta proposta “si que contén medidas de apoio á corresponsabilidade, a conciliación ou o empoderamento da muller” na vida profesional.

Impulso á natalidade

Beatriz Sestayo demandou medidas de impulso á natalidade centradas no apoio e mellora das condicións laborais, vivenda, sanidade, conciliación e impulso dos servizos públicos. Lembrou que, o goberno de Feijóo recorta a política social á familia nun 60 por cento, recorta as contribucións por fillos a cargo, ou suprime os equipos de inclusión social nas cidades e no consorcio das mariñas que utilizaban as familias en risco de exclusión.

Dixo que Feijóo “non construíu unha soa nova ludoteca en dous anos de goberno”, suprimiu as axudas para acceder a garderías concertadas e conxelou a ampliación de prazas públicas. Ademais, mantén 20 centros residenciais pechados, privatiza os servizos públicos e as infraestruturas sociais, suprime as axudas para aluguer de mozos e maiores e recorta os programas de emprego xuvenil.

Tamén criticou o recorte nos plans de Igualdade da Xunta nun 80 por cento, que se unen aos recortes nas medidas correspondentes á secretaría xeral de Traballo. Ademais, lamentou o escaso interese da Xunta por solucionar a situación das 47.000 familias que están á espera das axudas á dependencia, “cando hai dous anos consideraban demasiado unha espera de 13.000 familias” e agora “recórtanlles 4 millóns de euros de orzamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar