Esixen á Xunta que escoite ás comunidades educativas e aos grupos parlamentarios dentro dos análises técnicos para a ampliación de centros integrados de FP

Esixen á Xunta que escoite ás comunidades educativas e aos grupos parlamentarios dentro dos análises técnicos para a ampliación de centros integrados de FP

Esixen á Xunta que escoite ás comunidades educativas e aos grupos parlamentarios dentro dos análises técnicos para a ampliación de centros integrados de FP

Vicente Docasar preguntou ao Director Xeral de Educación sobre o proceder da Xunta para a ampliación de centros integrados, xa que o precedente é o de actuar unilateralmente, con alevosía e nocturnidade

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, preguntou en Comisión ao Director Xeral de Educación polo “qué pretenden facer e cómo se vai facer” a transformación en Centros Integrados dos IES que imparten ciclos de FP.

O parlamentario socialista manifestou coñecer como se desenvolveu a última ampliación, convertendo o Instituto de Lugo nun centro integrado a finais de curso con “alevosía e nocturnidade”, sen contar coa comunidade educativa.

Por iso recela o portavoz socialista dos análises técnicos anunciados polo Goberno e “nos gustaría saber en qué consisten e como se van facer as cousas”. Docasar teme que, como en ocasións anteriores, o Executivo de Feijóo empregue a política de “feitos consumados e non se consulte ás comunidades educativas afectadas. Estas decisións afectarán aos profesionais dos centros.

As preguntas do socialista orientáronse tamén a coñecer se as pretensións da consellería son unha modificación de facto, a través dos análises técnicos, da rede de centros integrados que data dos anos 90.

En Galicia existen en Galicia 17 centros integrados de Formación Profesional (CIFP), que serven para completar a rede de IES que imparten ciclos de Formación Profesional, tanto en Grao medio coma de Grao Superior.

O portavoz socialista de Educación afirmou que os actuais 151 Institutos Públicos que imparten ciclos de FP “levan moitos anos dando unha boa formación profesional, traballando a favor do emprego e contra o paro xuvenil acadando o maior número de matriculacións".

Docasar reclamou do Director Xeral de Educación que “hoxe sairamos da comisión recoñecendo que non só nos centros integrados (CIFP) se da unha boa FP, senón que tamén se imparte unha boa Formación Profesional nos actuais IES”. Do contrario, afirma o deputado, sería unha “enorme inxustiza”.

O nivel formativo impartido nos IES é perfectamente homologable co nivel formativo que proporcionan os CIFP, entende Docasar. “Os dous tipos de centros imparten unha boa FP, contan con prestixio social e, antes da crise, tiñan un elevado grao de inserción no mercado laboral dos seus titulados e e tituladas.

O parlamentario socialista requiriu ao Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, a participación do seu grupo nos análises técnicos para ampliar a actual rede de centros integrados.

Critica Docasar que, na última ampliación levada a cabo, “a maneira de proceder da Consellería de Educación foi manifestamente mellorable”. O parlamentario insistiu no desexo do Grupo Socialista de ser escoitado antes de que a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tome unha decisión sobre este particular.

FP DUAL

Na mesma comisión, o portavoz socialista recoñeceu que a FP ten hoxe máis prestixio social do que tivo nunca e mesmo, a pesares da crise económica que estamos a padecer, unha razoable inserción no mercado laboral.

“Vostedes están obsesionados con Alemaña”, dixo aos populares, “non vou ser eu o que negue as virtudes dese país, pero non temos que obsesionarnos e pensar que todo o que fan o fan ben”, razoou o deputado socialista. Salientou que os xermanos están cambiando a FP dual porque é un sistema moi disperso e que forma a técnicos moi especializados e adaptados a unha determinada empresa.

“Nós, formamos e bastante ben técnicos máis xeneralistas e polivalentes, adaptados a diferentes contornos laborais, apuntou Docasar. “Tan malos non debemos ser vendo a excelente acollida que os nosos titulados están a ter por aí adiante, Alemaña incluída”, aseverou.

“Nós non temos a tecido produtivo alemán nin as nosas empresas teñen a mentalidade de formación do empresariado xermánico”, comparou. “Temos as nosas virtudes e os nosos defectos e deberíamos telos en conta antes de tomar decisións tan trascendentais”, valorou Docacasar.

Os socialistas votaron en contra da proposición non de lei do PP ao non aceptar a emenda que esixía que, previa a súa implantación, a Xunta consultara ás organizacións empresariais, ás sindicais, á Xunta Autonómica de Directores e ao Consello Galego de FP sobre a as características da oferta, sobre as condicións de desenvolvemento e compromisos asumidos polas empresas participantes.

Pedían tamén os socialistas tamén un estudo sobre cómo afectaría ás plantillas do profesorado, a presentar no Parlamento nun prazo de dous meses.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar