Esixen á Xunta que demostre a limpeza do segundo proceso de licitación da autovía da Costa da Morte

Esixen á Xunta que demostre a limpeza do segundo proceso de licitación da autovía da Costa da Morte

Esixen á Xunta que demostre a limpeza do segundo proceso de licitación da autovía da Costa da Morte

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, esixiu á Xunta que “demostre a limpeza do segundo proceso de licitación da autovía da Costa da Morte”. Presentará unha Interpelación para que a Xunta explique o desenvolvemento deste proceso que reiniciaron logo de denunciar o secretario xeral do PSdeG-PSOE un sobrecuste de 395 millóns de euros.

López Vidal esixe á Xunta que dea contas dun proceso “trufado de irregularidades e evidencias de mala praxe administrativa” e que ten mañá luns o seu último trámite formal, coa apertura do sobre que contén as ofertas económicas. Reclama que expliquen as “razóns obxectivas e xurídicas” da rescisión do contrato inicial, adxudicado polo goberno socialista, e que provocou un retraso de dous anos na execución da obra.

Tamén reclamará ao Executivo autonómico que expoña as causas reais do desestimento do proceso contractual iniciado a continuación por Feijóo e que, tal e como denunciou o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ía “lastrado cun sobrecusto de 395 millóns de euros sobre a adxudicación do goberno socialista e resultaba 215 millóns de euros máis caro que a oferta máis vantaxosa das presentadas”.

O parlamentario socialista quere que a Xunta explique “cómo desenvolveu a Xunta o segundo proceso de licitación do contrato de concesión de obra pública máis importante desta lexislatura” e que supuxo que fora recorrido por un dos licitadores diante do TSXG, logo do cal o Executivo “decidiu renunciar á celebración deste contrato de concesión que xa naceu malferido”.

López Vidal esixe á Xunta que, “logo deste sinuoso e desconcertante proceso”, presente os prazos que manexa para a posta en servizo desta infraestrutura “fundamental para a Costa da Morte” e que determine si a futura vía será libre de peaxe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar