Esixen á Xunta que demande ao Estado a continuidade do consulado de Basilea

Esixen á Xunta que demande ao Estado a continuidade do consulado de Basilea

Esixen á Xunta que demande ao Estado a continuidade do consulado de Basilea

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario Socialista, Marisol Soneira, ven de presentar varias iniciativas esixindo á Xunta que demande ao Goberno de España o incremento de medios humanos e materiais nos servizos exteriores dependentes do mesmo, naqueles países con presenza histórica de emigración española e con novos fluxos migratorios recentes como consecuencia da crise económica.

Continúa a iniciativa socialista solicitado o incremento dos medios humanos e materiais en materia educativa para a ensinanza das linguas e cultura española, naqueles países con idiomas distintos aos oficiais españois, co obxecto de facilitar os vínculos educativos formais co país de orixe e o seu retorno no futuro.

De xeito específico, os socialistas requiren á Xunta que demande ao Goberno de Rajoy a reconsiderar a decisión de eliminar a sección consular de Basilea polas consecuencias negativas que tal decisión tería para os milleiros de españois alí residentes e para os que emigran na actualidade.

Nesta mesma liña, Soneira propón nas súas iniciativas que calquera remodelación dos servizos que o Estado presta no exterior á cidadanía española teña en conta o número de cidadáns españois residentes na súa área de influencia, a socioloxía dos mesmos, os novos fluxos migratorios consecuencia da crise económica e a internacionalización das empresas e emprendedores españois.

A responsable de Emigración dos socialistas galegos advirte que os fluxos migratorios cara a Confederación Helvética estanse a incrementar como consecuencia da crise e o alto índice de paro. Unha nova emigración que se suma a forte presenza galega e española en Suíza que, por distintas razóns “precisan de cobertura legal para a tramitación de asuntos que condicionan a súa vida diaria”, como pensións, nacionalidade, educación, retornos, etc.

Denuncia a portavoz socialista “as queiras sobre os recortes en materia educativa, á que se suma agora o anuncio de que se vai pechar a oficina consular de Basilea” a partires de setembro, deixando sen cobertura do Estado a máis de 10.000 cidadáns españois que viven neste cantón, e que se terán que desprazar para calquera asunto consular a Berna.

A Marisol Soneira, aínda que recoñece as dificultades económicas do Estado para financiar determinados servizos, non lle parece “xusto” que “recaian sobre os máis afectados as consecuencias da crise”e se reduzan.

De todos os xeitos, a parlamentaria socialista require á Xunta, a través das súas iniciativas, a que os emigrantes galegos non se vexan prexudicados polos recortes nos servizos consulares. Soneira Tajes pregunta polas accións que está a levar a cabo a Xunta de Feijóo para que os fillos de emigrantes adquiran a competencia formal en lingua galega e castelá e sobre as accións postas en marcha polo Executivo para dar asistencia aos milleiros de galegos e galegas en Suíza, nomeadamente aos novos emigrantes.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar