Esixen á Xunta que “deixe a propaganda” e aprobe axudas directas para paliar a seca e evitar o peche de explotacións

Esixen á Xunta que “deixe a propaganda” e aprobe axudas directas para paliar a seca e evitar o peche de explotacións

Esixen á Xunta que “deixe a propaganda” e aprobe axudas directas para paliar a seca e evitar o peche de explotacións

O PP rexeita unha Proposición non de Lei do PSdeG-PSOE para apoiar ás explotacións gandeiras afectadas pola seca

Sonia Verdes advirte que 5.000 explotacións gandeiras galegas están “ao borde da desaparición” diante do desleixo e “desprezo” do goberno galego

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, esixiu á Xunta que “deixe a propaganda” e aprobe axudas directas para paliar os gastos derivados da seca deste inverno evitando así o peche de explotacións. A parlamentaria socialista presentou unha Proposición non de Lei na Comisión de Agricultura que foi rexeitada polo PP.

Verdes sinalou que as axudas que os socialistas galegos reclamaban xa no mes de novembro hoxe, logo de 6 meses de seca continuada, resultan “urxentes” e imprescindibles para garantir a viabilidade de 5.000 explotacións galegas que están “ao borde da desaparición”. Advertiu que o desleixo do Goberno galego ameaza a estas explotacións que poderían seguir o camiño das 2.500 explotacións pechadas en tres anos.

Acusou ao PP de “non escoitar” diante da situación crítica para unhas explotacións que, diante da suba de custes de produción e a caída de prezos do leite, teñen unha marxe de beneficio de apenas 2 céntimos por litro, cunha renda media de apenas 350 euros ao mes por explotación. Apuntou que a seca provoca que á suba de prezos do gasóleo e electricidade hai que engadir o impacto da seca nos prezos de pensos, cereais e forraxes.

Dixo que o PP tan só ofrece “miseria e desprezo” para o sector leiteiro, ao que ofrece “pan para hoxe e fame para mañá” denegando axudas adicionais ás explotacións”. Dixo que “o goberno galego ataca ás rendas dos gandeiros” obrigándoos a contratar seguros contra a seca mentres a Xunta recorta 800.000 euros para o fomento destes seguros agrarios nos últimos orzamentos.

Medidas

A responsable socialista reclamou a aplicación dos recursos dos que dispón o goberno galego, así como os fondos do Igape, dos que puideron ter mobilizado mais de 140 millóns de euros para poñer en marcha liñas especiais de crédito a custe cero para axudar ao financiamento de forraxes. Ademais instou a axilizar os pagamentos de axudas e garantir o acceso dos gandeiros aos recursos do Plan de Desenvolvemento Rural.

Esixiu “transparencia” no sector poñendo en marcha medidas de “control dos prezos” para evitar os abusos que sofren os produtores, e “aposten por un rural vivo, dinámico, onde non pechen explotacións”, defendendo aquelas que teñan “vocación de futuro”. Tamén chamou á posta en marcha de “medidas efectivas de mobilidade de terras” impulsando o Banco de Terras para garantir o acceso ás terras das explotacións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar