Esixen á Xunta medidas para evitar a discriminación dos maís de 140.000 usuarios concertados con Povisa

Esixen á Xunta medidas para evitar a discriminación dos maís de 140.000 usuarios concertados con Povisa

Esixen á Xunta medidas para evitar a discriminación dos maís de 140.000 usuarios concertados con Povisa

O parlamentario socialista, Modesto Pose, esixiu responsabilidade á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola mala evolución das listas na Área sanitaria de Vigo, onde en torno ás 600.000 persoas esperan 27 días máis ca media de Galicia para ser atendidos no CHUVI.

Os 140.000 adscritos a POVISA sofren esperas máis elevadas, que chegan aos 135 días para operarse. 60 días máis que a media galega

O parlamentario socialista, Modesto Pose, esixiu hoxe no Pleno “o mesmo trato que para o resto de galegas e galegos para os usuarios do Sergas da área sanitaria de Vigo e nomeadamente dos 140.000 asignados ao convenio con POVISA”.

Pose Mesura denunciou que, de todos os pacientes en lista de espera, o 30% son da a área de Vigo, adscritos ao Hospital CHUVI, e que está conformada por uns 600.000 habitantes. A espera media é 11 días maior respecto á que sufrían o ano pasado e 27 días máis que a media galega.

Pero, no caso dos máis de 140.000 usuarios adscritos ao convenio co centro privado POVISA, a distancia coa media é moi superior. Así, 5.883 pacientes están a esperar 135 días de media para operarse. Son 60 días máis que o resto dos galegos e das galegas. “Descoñécense as listas de espera de consultas porque non se fixeron públicas”, denuncia Pose.

O parlamentario socialista esixiu á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que exerza a súa responsabilidade e procure que os usuarios da Área Sanitaria de Vigo, e nomeadamente os que teñen POVISA como referencia “non estean discriminados” respecto ao resto de Galicia.

POVISA é un hospital privado que, desde os anos 80 ten un concerto singular co Sergas feito desde o recoñecemento, xa daquela, polo Sergas e o Insalud do déficit de infraestruturas da área de Vigo.

A este convenio están adscritas máis de 140.000 habitantes de Vigo, O Morrazo e o Val Miñor. O Sergas paga unha cantidade que supera os 70 millóns de euros por este concerto.

O deputado socialista que ao abeiro destes datos non resulta esaxerado pedir que o funcionamento deste hospital tenda a homologarse cos do Sergas. En Povisa, afirma, traballan profesionais homologables pola súa calidade aos do Sergas. Pero a realidade é que existe unha diferenza grande na xestión e na accesibilidade dos usuarios que teñen como referencia este hospital, afirma Pose.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar