Esixen á Xunta implicación directa no futuro de Nova Galicia Banco

Esixen á Xunta implicación directa no futuro de Nova Galicia Banco

Esixen á Xunta implicación directa no futuro de Nova Galicia Banco

María José Caride insta á Xunta a demandar idéntica implicación do Goberno de España con NGB que con Bankia

Reclama a convocatoria dunha Comisión de Investigación e remitir as conclusións á Fiscalía

Esixe “documentación ou desculpas” ao portavoz do PP polas mentiras reiteradas na súa intervención

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, esixiulle á Xunta de Galicia a súa “implicación directa no futuro de NGB. Así o dixo no debate dunha interpelación na que lle reclamou ao goberno galego unha valoración sobre o plan de futuro da entidade.

Caride reclamoulle á Xunta que “veñan e dígannos qué están facendo e cara onde vai NBG” en lugar de “botarlle as culpas a todo o mundo” mentres “desaparece e se desentende do futuro da entidade”. Advertiu que “lonxe queda o día en que Feijóo presentou con bágoas a Castellano como novo director da entidade” e criticou que o seu papel se teña “diluído” progresivamente.

Criticou que a súa única proposta sexa “facer rogos e poñer velas aos santos” deixando á entidade ao albur de –citou ao presidente da Xunta- “ver si é quén de superar a marexada de Bankia”, mentres a realidade é que Galicia é a única comunidade histórica sen caixa propia.

A responsable socialista sinalou que tanto os titulares das participacións preferentes como os traballadores da entidade e da súa obra social, así como tódolos galegos e galegas “queren confianza e saber qué pasa co futuro da entidade”.

Lembrou que Feijóo “pasou de ser o gran valedor da fusión a non saberse onde está” e a interesarse nas propostas de futuro de NGB polos xornais, e reclamou que “basta xa de dar a calada por resposta e a ver si comezan a darnos algunhas explicacións”.

Caride lembrou que o PP ten “boicoteado” o debate da Comisión de Investigación sobre entidade e reiterou hoxe a solicitude para dar “respostas e responsabilidades” coas comparecencias dos responsables dos executivos das caixas, dos responsables políticos dos gobernos central e autonómico, do Banco de España e mesmo das auditoras. Reclamou tamén o envío das consecuencias e conclusións á fiscalía “para depurar responsabilidades”.

Criticou que a Xunta estea a botar “cortiñas de fume” sobre a situación da entidade e nomeadamente sobre a solución á fraude das participacións preferentes mentres o goberno acaba de aprobar un decreto que anuncia a súa comercialización a prezo de mercado, co que “non garante a recuperación do capital principal”.

A portavoz de Facenda e Orzamentos apuntou tamén que a Xunta mantén sen resolver a situación das indemnizacións millonarias aos directivos das caixas “mentres a fiscalía xeral ordena investigar o seu labor para ver si hai responsabilidades penais e poden recuperarse os recursos” e esixirse responsabilidades.

Mentres, dixo, tamén está pendente a situación da obra social das caixas, con “mais de 300 familias dos traballadores” nunha situación de incerteza sen Lei de fundacións e sen expectativas de futuro para cando remate o realmente existente.

Confianza e credibilidade

Caride advertiu que o goberno galego e o goberno de España sementan a desconfianza ao desacreditar ao Banco de España, que pese aos problemas que poida ter a súa xestión e o regulador financeiro, contratando auditorías externas “para facer un traballo que supostamente non fixo o Banco de España” para despois agochan as conclusións que ten presentado a auditora KPMG para avalar a fusión e que custou un millón de euros.

Amosou a súa “sorpresa” polo feito de que a Xunta teña coñecemento sobre o futuro de NGB “pola prensa” e esixiu que expliquen como está a esixir o goberno de España que non discrimine a NGB, xa que para o goberno galego só unha discriminación do goberno español explicaría a negación do EPA que solicita NGB para continuar en solitario.

O grupo parlamentario socialista reitera o seu apoio a viabilidade de NGB en Galicia, con achegas de capital non especulativo, impulsando a actividade económica de Galicia e apoiando as familias. Un futuro que precisa resolver o problema dos aforradores enganados polo fraude das preferentes e debe dar viabilidade a obra social das extintas caixas.

Información falsa do voceiro do PP

Logo das difamacións do portavoz do PP, que asegurou a existencia do apoio e implicación do goberno anterior nun hipotético proxecto de fusión dunha caixa galega con entidades externas, a deputada socialista esixiulle ao Sr Puy “que acredite con documentación esas afirmacións ou, no caso contrario, pida desculpas e cese a reiteración das súas mentiras”.

Caride dixo que “estas mentiras que non chegan para ocultar os problemas que, pola xestión do goberno de Feijoo, padecen hoxe as familias e as empresas galegas”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar