Esixen á Xunta garantías para espantar aos “fondos buitre” de NGB

Esixen á Xunta garantías para espantar aos “fondos buitre” de NGB

Esixen á Xunta garantías para espantar aos “fondos buitre” de NGB

María José Caride acusa ao goberno galego de “darlle corda á cometa para ver si chegamos a outubro ou a 2013” sen resolver o problema da entidade

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, esixiu á Xunta garantías para afastar aos “fondos buitre” de Novagalicia Banco. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre o plan de futuro da entidade e o Esquema de Protección de Activos que esta solicita.

Caride reclamoulle ao goberno galego que impoña cláusulas de permanencia a medio e longo prazo aos fondos que adquiran a entidade no futuro para impedir a presenza de fondos especuladores que adquiran a entidade “barata para vendela cara ao pouco tempo”. Así o dixo logo de que Castellano anunciara a existencia de “cinco fondos interesados” na entidade agochando a súa procedencia.

A responsable socialista lembrou que “o mellor para Galicia é manter o domicilio social na Comunidade Autónoma” logo de que hoxe en día estean “renunciando á obra social, teñamos renunciado a capital galego e que desatenda as necesidades dos galegos e galegas”, xa que esta é a autonomía na que mais diminuíu o crédito de todo o Estado.

Acusou á Xunta de “darlle corda á cometa” para “ver si enredamos e chegamos a outubro ou a marzo de 2013” sen resolver o problema cando “a realidade é que as familias galegas non teñen crédito para mercar unha vivenda nin as empresas para dar viabilidade ao proxecto empresarial”. Caride considerou así “fundamental” coñecer a posición da Xunta diante dunha subhasta da entidade ou da entrada de capital estranxeiro.

Dixo que o escenario futuro “é aberto” xa que “aínda non sabemos si vaise subhastar todo NGB”, ou si se pode chegar á “venda parcial da entidade”, así como a posible implicación dos devanditos fondos de investimento internacionais. Caride preguntoulle hoxe á Xunta pola súa posición diante dun suposto Esquema de Protección de Activos previo á incorporación destes investidores.

O goberno galego non foi quén de amosar ningún caso no que se establecera un EPA sen existencia previa dunha subhasta, precisamente este EPA é o que solicita NGB para poder incorporar capital estranxeiro, pero sen ningún proceso de competencia previa.

Esta situación, explicou, fai “enganosa” a declaración do goberno galego afirmando que só piden “un trato igualitario e non discriminatorio”, xa que non existe precedente sobre a solicitude da entidade, o que fai mais difícil a aprobación desta solución.

Comisión de Investigación

Caride explicou que a situación actual da entidade “nos leva unha vez mais a poñer de manifesto a necesidade dunha Comisión de Investigación” que clarifique “por qué chegamos a esta situación”. Sinalou que esta necesidade acentúase “cando a propia entidade recoñece que os directivos descoñecían os riscos das participacións preferentes que están debilitando a credibilidade da entidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar