Esixen á Xunta e Goberno central que resolvan a fraude das preferentes antes de decidir sobre o futuro de NGB

Esixen á Xunta e Goberno central que resolvan a fraude das preferentes antes de decidir sobre o futuro de NGB

Esixen á Xunta e Goberno central que resolvan a fraude das preferentes antes de decidir sobre o futuro de NGB

Juan Carlos Francisco anuncia unha emenda socialista ao Real Decreto sobre o sector financeiro para garantir a devolución íntegra do importe secuestrado pola entidade

Presenta unha interpelación para que o conselleiro de Economía “aforre as viaxes a Bruxelas” co “único obxectivo de buscar chivos expiatorios” e lle esixa unha solución ao ministro De Guindos

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, esixiu á Xunta e Goberno central que acaden unha solución aos afectados pola fraude das preferentes “antes de decidir sobre o futuro de NGB”. O responsable socialista presentou unha emenda ao Real Decreto sobre o sector financeiro –que será presentada na súa tramitación no Congreso como proxecto de Lei- para garantir a devolución íntegra do importe afectado pola estafa.

O responsable socialista criticou que a Xunta de Galicia e o goberno central “seguen sen ofrecer unha proposta de solución ao conflito que debe xurdir do Banco de España, do Goberno do Estado e do entorno do Ministerio de Economía”. Criticou que, en lugar de traballar por acadar a solución, o conselleiro de Economía teña viaxado onte a Bruxelas “para buscar un chivo expiatorio ao que botar as culpas”.

Sinalou que tanto o comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, como os socialistas galegos na Cámara autonómica, puntualizan que a solución “non corresponde a Bruxelas” senón ao propietario da entidade, que neste momento é o Banco de España, ao posuír o 90 por cento do accionariado a través do FROB.

Juan Carlos Francisco presentou hoxe como proposta de solución unha emenda ao Real Decreto 18/2012 de saneamento do sector financeiro para garantir a devolución do “cen por cen dos aforros e do capital nominal invertido”. Abriu a posibilidade a fórmulas semellantes ás solucións de outras entidades intervidas, como un canxe por depósitos a prazo fixo “que garanta liquidez nun prazo razoable”.

Criticou que a solución apuntada na Disposición Adicional 7ª deste Real Decreto, que apunta un canxe por accións e obrigas subordinadas, non garante a devolución da totalidade dos cartos, xa que os afectados quedarían ao albur dos mercados, arriscándose a perdas de valor masivas como está a suceder coas accións de Bankia.

A emenda socialista, que será presentada no trámite parlamentario do Real Decreto no Congreso como proxecto de Lei, establece que as entidades deberán ofrecer o cen por cen do valor nominal nun prazo non superior a seis meses. Ademais incorpora que os investidores poidan asumir “de xeito voluntario” novas accións, obrigas subordinadas ou imposicións a prazo fixo dun máximo de 3 anos.

Interpelación

O responsable socialista presentou tamén unha interpelación no Parlamento de Galicia para esixirlle a Feijóo que “faga política e non só anuncios” cos que “xoga a confundir e a xerar expectativas” en lugar de resolver o problema. Reclamou así “que o conselleiro de Economía aforre viaxes a Bruxelas, quede en Madrid e lle esixa a De Guindos unha solución semellante á de outras entidades”.

Juan Carlos Francisco dixo que o anuncio feito onte pola Xunta de que Bruxelas estaba a estudar avalar a arbitraxe como solución á fraude “non ten nada que ver” coa posición da Comisión Europea. Dixo que “haberá que ver con quén se foi reunir o conselleiro Guerra en Bruxelas”, porque o Comisario Europeo da Competencia en ningún momento sinalou dita posición.

O parlamentario socialista apuntou que o propio Almunia tivo que subliñar que a arbitraxe “é unha cuestión de orde interno do dereito español no que a UE carece de competencias para avaliar”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar