Esixen á Xunta a radicación dos puntos de encontro familiar nunhas depedencias públicas axeitadas para os usuarios

Esixen á Xunta a radicación dos puntos de encontro familiar nunhas depedencias públicas axeitadas para os usuarios

Esixen á Xunta a radicación dos puntos de encontro familiar nunhas depedencias públicas axeitadas para os usuarios

Para Méndez Romeu o benestar das persoas non parece a norma de conduta da consellería de Traballo. Acusa ó departamento de Mato de improvisación e descoñecemento das circunstancias nas que se deben realizar os encontros familiares

Logo de repetidas denuncias por irregularidades no servizo, o punto pasará dunha radicación en entidades relixiosas a unha ubicación pública que tanto os usuarios coma os socialistas consideran demasiado afastadas e con escasa comunicación por transporte urbano

Distingue Méndez entre a prestación dun servizo público e a explotación das necesidades das persoas

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de esixir, mediante a defensa dunha proposición non de lei en Comisión, que a Xunta radique os Puntos de Encontro Familiar nunhas dependencias públicas que cumpran estritamente co Decreto 9/2009 e que se atopen radicadas en lugares que faciliten a accesibilidade.

Os Puntos de Encontro Familiar facilitan os encontros dos menores cos seus proxenitores nos termos establecidos pola lei en casos de separación da parella. Na cidade da Coruña, este punto estaba ubicado nunha instalación privada, dependente dunha comunidade relixiosa que, segundo denunciou a asociación de defensa das mulleres e menores vítimas da violencia de xénero Ve-la luz, incorre en varias irregularidades que se puxeron en coñecemento da Fiscalía de Menores en marzo de 2012. A Consellería de Traballo, aínda que recoñece algunhas irregularidades mantén o convenio coa entidade xestora.

A principios do mes de decembro pasado, os usuarios deste servizo coñecen pola prensa a decisión da Xunta de traslado do Centro de Atención para Persoas con Discapacidade “Santiago Apóstolo”, a partires do mes de xaneiro, explicando que, de tódolos xeitos, serán unhas instalacións provisorias ata que estean listas as definitivas, dentro de seis meses. A renuncia da anterior entidade fai que o servizo pase a ser prestado inicialmente pola Fundación Meniños ata que se convoque e resolva o concurso.

O parlamentario socialista critica que se teñan escollido unhas instalacións tan afastadas, nun lugar periférico da cidade e con menor comunicación por transporte urbano que a desexable. Ademais recolle a denuncia da asociación de usuarios destes puntos de encontro de que tampouco cumpre as condicións de intimidade e de calidade das instalacións e faltan determinados servizos.

Méndez Romeu afirma que existen outras dependencias da consellería que resultan máis axeitadas e situadas en puntos da cidade herculina que evitarían desprazamentos innecesarios a un punto afastado das áreas residenciais ou de lecer.

Un informe elaborado por Ve-la no marco doutro máis amplo elaborado polo grupo de asociacións denominado “Grito en Silencio”, permite deducir que estas deficiencias e irregularidades son comúns a outros centros de Galicia e son situacións reiteradamente denunciadas e que a administración galega, “por razóns descoñecidas, non amosa nin preocupación nin celeridade na resolución dos casos”, denuncia o socialista.

Méndez Romeu salienta que os usuarios deste servizo son persoas designadas, autorizadas por resolucións xudiciais ou administrativas. Situacións nas que existe unha carga de conflito que fai necesario que fai necesario que exista un punto de encontro presidido polos valores de neutralidade e confidencialidade que marca a lexislación vixente. Isto, “tan sinxelo de comprender, a consellería de Traballo o leva incumprindo dende hai varios meses”, acusa o deputado socialista.

O parlamentario recrimina a “improvisación” da Xunta que “semella descoñecer as circunstancias nas que se deben realizar os encontros familiares”. A consellería somete a constantes traslados de un local a outro aos usuarios do Punto de Encontro Familiar, poñendo en evidencia que “o benestar das persoas non parece a norma de conduta da consellería”.

Os argumentos do PP para negar o seu voto a esta iniciativa levou a Méndez a citar a Thomas Quincey, recordando a irónica evolución daqueles que cometen asasinato ata perder as máis elementais normas de cortesía. “Iso éo que está a pasar aquí” dixo, co afondamento da economía, o despido masivo, o Goberno que pasa por alto todas as acusacións de corrupción rampante que devoran o Goberno de España e a credibilidade dos cidadáns remata dicindo que lles trae sen coidado o problema dos menores suxeitos á tutela xudicial e administrativa sometidos a normas estritas de separación, accesibilidade e confidencialidade, que a Xunta está a incumprir ao menos 24 meses no caso do Punto de Encontro Familiar da Coruña.

“Este é o final do proceso, a insensibilidade social escandalosa” do Partido Popular, acusa Méndez. “Estamos a falar dos febles entre o febles”, recriminiou aos populares. Acusou á Xunta de consentir que en dous centros en instalacións privadas se incumpriran os requisitos de persoal por parte das entidades concesionarias e agora, e de incumprir condicións materiais mínimas nas dependencias provisionais.

En definitiva, fala Méndez Romeu da “diferenza esencial entre a prestación dun servizo público e a explotación das necesidades das persoas”. “Se non lles preocupa o de millóns de persoas – dixo en relación ao 21% de desemprego- como lles vai preocupar esta cuestión de xente que apenas ten capacidade de incidir nos medios”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar