Esixen á Xunta a garantía de cobertura de prazas públicas en escolas infantís de cero a tres anos e a construción de ludotecas para facilitar a conciliación laboral e familiar

Esixen á Xunta a garantía de cobertura de prazas públicas en escolas infantís de cero a tres anos e a construción de ludotecas para facilitar a conciliación laboral e familiar

Esixen á Xunta a garantía de cobertura de prazas públicas en escolas infantís de cero a tres anos e a construción de ludotecas para facilitar a conciliación laboral e familiar

Beatriz Sestayo denuncia o “espectáculo de cifras acordeón” entre Feijóo e Mato para facer grandes anuncios mentres 4.000 familias seguen nas listas de espera das escolas infantís públicas

A Lei de Familia, que “relega á muller ao rol de hai séculos” inflúe na despreocupación do Goberno de Feijóo pola conciliación, non creando nin unha soa ludoteca pública e permite que permanezan pechadas escolas infantís rematadas, cando non se cubre a demanda de prazas públicas

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, ven de defender en Comisión unha Proposición non de Lei para que a Xunta garanta a cobertura de prazas públicas suficientes en escolas infantís, que foi rexeitada polo PP. Os socialistas reclamaban de forma urxente “garantías para a cobertura orzamentaria necesaria” para atender a toda a demanda.

Sestayo lembrou que “mentres Feijóo fai política de autocomplacencia, 4.000 familias seguen nas listas de espera sen praza pública” mentres as prazas que teñen privatizado subiron as tarifas ata un cen por cen “para familias mileuristas, o que na realidade impide o acceso aos servizos públicos”. Engadiu que o goberno galego “creou cero ludotecas infantís” dende a chegada de Feijóo.

A iniciativa socialista propoñía que o Parlamento requirise ao Goberno galego a construír ludotecas públicas que posibiliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, garantindo que tanto estas como as escolas infantís se puxeran en funcionamento con xestión pública.

Para Sestayo Doce a conciliación da vida laboral, persoal e familiar constitúe un orzamento fundamental para o desenvolvemento integral das mulleres, das familias e das persoas que as integran. Considera a socialista “unha obriga inescusable da Administración autonómica” que se garanta a cobertura de prazas suficientes para atender á poboación infantil de cero a tres anos.

A deputada socialista denunciou o “contraste” entre os anuncios de medidas de apoio á familia do Presidente Feijóo e a “realidade que non quere ver e menos atender”. Constitúe unha “práctica habitual” o anuncio de construción de prazas públicas en escolas infantís que se “enmarcan dentro dun espectáculo de cifras acordeón” que soben e baixan en función de que as dea, provocando a “contradición” entre o Presidente da Xunta e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

A realidade, dixo, amosa que a pesares dos grandes anuncios dos populares, cando chega o período de inscrición, centos de nenos e nenas atópanse sen a posibilidade de atopar praza pública en escolas infantís. Para a portavoz de Política Social do Grupo Socialista, “a posta pola familia do PP esgótase nun proxecto de lei que non garante a cobertura de prazas públicas en escolas infantís”.

Denuncia Sestayo o “esperpento” da existencia de escolas infantís rematadas e pechadas, mentres nenos e nenas non atopan praza. Reproba a socialista o papel que lle dá á muller o Proxecto de Lei de Familia, “relegándoa ao rol de hai séculos”. Critica que isto inflúa na “despreocupación do Goberno galego e dunha conselleira de Traballo e Benestrar cun balance nefasto” en materia de conciliación.

Se esta e a situación das escolas infantís, outras políticas públicas no mesmo sentido “nin se lles pasaron pola cabeza” aos populares, afirma Sestayo. Sinala como exemplo que o número de ludotecas públicas autonómicas creadas foi “cero”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar