Esixen a retirada das profesións relacionadas coa mariña mercante do Catálogo de ocupacións de difícil cobertura do Ministerio

Esixen a retirada das profesións relacionadas coa mariña mercante do Catálogo de ocupacións de difícil cobertura do Ministerio

Esixen a retirada das profesións relacionadas coa mariña mercante do Catálogo de ocupacións de difícil cobertura do Ministerio

Marisol Soneira considera que a situación laboral deixa sen sentido este instrumento para atraer man de obra de fóra, porque existe demanda nacional dabondo

Para os socialistas o catálogo podería estar servindo para que as navieiras cubran a baixo custe as prazas que demandan os galegos, que son dos mellor formados do mundo nestas profesións

A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de denunciar a presenza de máis de 18 actividades relacionadas coa mariña mercante no Catálogo de ocupacións de difícil cobertura do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, composto por un total de 26 traballos que se ofrecen a terceiros países pola complexidade de cubrir esas vacantes con persoal español.

Neste catálogo atópanse profesións como frigorista naval, xefe de máquinas de buque mercante, maquinista naval, mecánico de litoral, mecánico naval, piloto de buque mercante, sobrecargo de buque, oficial redioelectrónico de mariña mercante, cociñeiro de barco, maiordomo de buque, caldereteiros, engraxadores de máquinas, bombeiros de buques.

Ao mesmo tempo que isto acontece, as asociacións do sector e as organizacións sindicais poñen de relevo que pasan de tres mil as persoas que se atopan en situación de demanda de emprego en España, e que poden aportar as titulacións demandadas polos empregadores. “Moitos deles son galegos”, apunta Soneira.

Á vista dos antecedentes, a parlamentaria socialista inclínase a crer que “o que pretenden as empresas navieiras, coa connivencia do Estado, é buscar man de obra barata fóra do noso país”, porque, en realidade, estes postos de traballo que aparecen no Catálogo de Ocupacións non só non son de difícil cobertura, senón que existe demanda dos naturais, “que son os mellores formados do mundo” nestas actividades, subliña Marisol Soneira.

A deputada socialista require información sobre si o Goberno galego é coñecedor desta situación, e, nese caso, si vai tomar medidas para que se eliminen do devandito Catálogo as profesións relacionadas coa mariña mercante.

Pregunta Soneira tamén polo número de demandantes de emprego en Galicia con estas profesións.

A día de hoxe, cunha demanda moi superior á oferta laboral en todas as ramas da actividade, a deputada socialista considera que “non ten sentido” manter o Catálogo de ocupacións de difícil cobertura, creado para cando, en momentos preto do pleno emprego, os empresarios atopaban dificultades para cubrir postos de traballo puco atractivos para a poboación española e comunitaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar