Esixen a reprobación da actuación do conselleiro de Presidencia que deu lugar á imputación de altos cargos do goberno de Feijóo

Esixen a reprobación da actuación do conselleiro de Presidencia que deu lugar á imputación de altos cargos do goberno de Feijóo

Esixen a reprobación da actuación do conselleiro de Presidencia que deu lugar á imputación de altos cargos do goberno de Feijóo

O Viceportavoz de do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu esixe a reprobación da actuación do Conselleiro de Presidencia, Administración Publicas e Xustiza que deu lugar a imputación de altos cargos do Goberno. Méndez realizará esta petición, mediante unha moción, no vindeiro Pleno da Cámara sobre a actuación da Xunta en relación co sindicato Unións Agrarias. Alí esixira que se cese inmediatamente a calquera Alto Cargo nomeado polo Consello da Xunta, que sexa declarado imputado nun procedemento xudicial por abuso de poder.

Méndez Romeu reclama tamén que se garanta a estricta observancia do procedemento administrativo nos procesos de verificación de subvencións, axudas e convenios, evitando a apelación a procedementos diferentes dos regulamentados na normativa vixente, así como a proceder de acordo cos procedementos de control habituais na Administración Publica.

O parlamentario socialista pide que se restaure a neutralidade da Administración galega evitando as actuacións de caso único contra entidades, colectivos ou persoas. A administración actuara sempre no marco da lei xeral.

Solicita trasladar aos membros do Executivo a necesidade de deslindar absolutamente as opinións, criterios ou valoracións dos representantes dos partidos ou grupos parlamentarios, a respecto da actuación da propia Administración, que debe basearse no artigo 103 da Constitución Española.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar