Esixen a NGB que se “allane” ante a demanda da fiscalía, para que os afectados polas preferentes cobren nun prazo de dous a tres meses

Esixen a NGB que se “allane” ante a demanda da fiscalía, para que os afectados polas preferentes cobren nun prazo de dous a tres meses

Esixen a NGB que se “allane” ante a demanda da fiscalía, para que os afectados polas preferentes cobren nun prazo de dous a tres meses

Juan Carlos Francisco Rivera considera que, de acollerse a entidade a esta figura xurídica, se xeraría unha sentenza firme que desbloquearía o veto de Bruxelas e permitiría o pago aos afectados de xeito máis rápido que por arbitraxe

O parlamentario reclama o apoio dos populares á emenda socialista no debate nas Cortes do RD de Saneamento do Sistema Financeiro pola que se estende o cambio das preferentes a depósitos a prazo fixo co 100% garantido

O parlamentario socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, considera que, “de haber vontade, o asunto das preferentes podería quedar pechado en dous ou tres meses”. O deputado socialistas basea o seu argumento “na porta que abre a unha solución” a demanda colectiva presentada pola Fiscalía Superior de Galicia no xulgado da Coruña, e que esixe que se determine a nulidade de determinadas cláusulas, que se consideran abusivas para os contratantes.

A demanda colectiva da Fiscalía pretende a nulidade dos contratos e a devolución do diñeiro aos afectados, algo que se podería lograr nos prazos expostos polo socialista se a entidade e a Xunta prestaran a súa colaboración.

Os directivos de NGB, Castellano, González Bueno, Díaz Arnau, e outros xa teñen manifestado en diferentes ocasións que a entidade non se negaba á devolución dos cartos, senon que o problema reside no veto de Bruxelas, polo impedimento da Comisión Europea a que se efectúe un troco do 100% das preferentes por outros produtos financeiros.

A Xunta, recorda o parlamentario socialista, “non ten posición”, mais ben “bota balóns fóra e culpa a Bruxelas do que non é capaz de resolver”.

Pero “agora teñen unha oportunidade magnífica para dar unha solución definitiva aos miles de afectados”. Juan Carlos Francisco afirma que, dado que hai unha vontade de pago e recoñecemento do dano por parte de NGB, esta entidade debera “allanarse”, figura pola que se recoñecen os feitos da demanda e permitiría contar cunha sentenza firme nun prazo de dous a tres meses, incluíndo o parón estival dos xulgados.

Remataría así o proceso cunha sentenza xudicial, “polo que Bruxelas non podería xa impoñer un veto”, sentencia Francisco Rivera. Salienta tamén o deputado que esta solución é moito máis rápida e eficiente que a arbitraxe proposta por Núñez Feijóo e que tamén está sometida ao bloqueo de Bruxelas.

“Emprazamos á Xunta a que se pronuncie sobre este particular”, insiste o deputado socialista, que anunciou en rolda de prensa a presentación de iniciativas neste sentido, para que inste á entidade a “rematar con este drama que afecta a miles de cidadáns recoñecendo no xulgado o que todos recoñecen fóra do xulgado”, desde o presidente da CNMV o ministro de Guindos e os executivos de NGB: Que as preferentes foron comercializadas no mercado minorista de xeito fraudulento.

“Se hai vontade da Xunta e NGB este asunto estaría resolto” nos prazos e nas condicións citadas polo socialista. “Agás que o problema non sexan os vetos de Bruxelas e o verdadeiro impedimento sexa unha falta de liquidez”, algo que, ata o de agora, a entidade sempre negou, recorda Francisco Rivera.

No sentido de preservar a existencia de fondos para o pago aos afectados, Francisco Rivera esixe a Feijóo que reclame que, das inxección de 6.000M€ ou 7.000M€ que en breve recibirá NGB, se reserve unha parte para este cometido.

Tampouco convence ao deputado que se apele agora a que existen clientes que sí sabían o que comercializaban, porque “a inmensa maioría dos 43.000 afectados son aforradores depositantes que nada teñen que ver coa figura do investidor financeiro”, apunta o portavoz de consumo do Grupo Socialista.

Rematou o parlamentario esixindo aos populares o apoio á emenda socialista ao Real Decreto de Saneamento do Sistema Financeiro pola que se estende o cambio das preferentes a depósitos a prazo fixo co 100% garantido, e non só por bonos e obrigas convertibles, como recolle o texto do Goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar