Esíxen a “intervención inmediata” de Feijóo para garantir a continuidade de Santa Bárbara asegurando carga de traballo do Ministerio de Defensa

Esíxen a “intervención inmediata” de Feijóo para garantir a continuidade de Santa Bárbara asegurando carga de traballo do Ministerio de Defensa

Esíxen a “intervención inmediata” de Feijóo para garantir a continuidade de Santa Bárbara asegurando carga de traballo do Ministerio de Defensa

Méndez Romeu reclama a comparecencia do conselleiro de Industria no Parlamento para dar conta das medidas que pensa tomar a Xunta para garantir a continuidade da factoría

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu esixiulle a Feijóo a súa “intervención inmediata” para mediar diante do Ministerio de Defensa e acadar a carga de traballo necesaria que garanta a continuidade da fábrica de armas Santa Bárbara de A Coruña.

O parlamentario socialista anunciou unha serie de iniciativas na Cámara autonómica para evitar o peche anunciado hoxe pola casa matriz da factoría, General Dynamics, malia que outras filiais no Estado mantéñense ou pasarán a ser xestionadas por outros propietarios, como é o caso da planta de Palencia, que foi vendida a unha empresa noruega.

Méndez Romeu advirte que “de non producirse unha intervención inmediata da Xunta, e nomeadamente co compromiso explícito do seu presidente, para garantir a carga de traballo, a fábrica pechará”. Esta decisión deixaría na rúa 180 traballadores e traballadoras dunha das fábricas tecnolóxicamente mais avanzadas dentro do sector, e que leva funcionando na cidade dende hai 70 anos.

Reclámalle ao presidente da Xunta que poña en valor a capacidade produtiva desta planta, que ven de desenvolver armas para os exércitos con tecnoloxía avanzada, aplica a nanotecnoloxía á súa produción e que mesmo foi obxecto de subvencións do goberno galego en pasadas lexislaturas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar