Esixen a implicación de Feijóo na solución do fraude das participacións preferentes que “está quebrando a credibilidade e confianza de NGB”

Esixen a implicación de Feijóo na solución do fraude das participacións preferentes que “está quebrando a credibilidade e confianza de NGB”

Esixen a implicación de Feijóo na solución do fraude das participacións preferentes que “está quebrando a credibilidade e confianza de NGB”

Juan Carlos Francisco lembra que o arbitraxe “non é viable” polo feito de que a entidade estea intervida e reclama á Xunta que remita á fiscalía “toda a documentación dispoñible”

O portavoz de Interior do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, esixiu a implicación de Feijóo para solucionar o fraude das Participacións Preferentes de NGB. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía do Parlamento na que advertiu que esta situación “está quebrando a credibilidade e confianza de NGB”.

Reclamoulle a Feijóo que “deixe de dicir obviedades e se implique para solucionar un problema que coa fortaleza de NGB e con vontade política é perfectamente solucionable”. Dixo que malia que o Goberno galego continúe insistindo na arbitraxe de consumo como solución ao problema “este non é aplicable no caso de NGB por estar intervida, polo que esixe o consentimento do Banco de España, da CNMV ou da Comisión Europea”.

Sinalou que esta cuestión “está quebrando a confianza na entidade e a credibilidade está mais que en dúbida pola incapacidade de dar unha solución a un problema tan grave coma este”. Juan Carlos Francisco urxiu unha resposta pola situación “desesperada” dos afectados por este “engano con tintes de estafa” por parte das entidades, que impiden o acceso aos aforros por unha comercialización indebida”.

Dilatar a solución a xuño

O parlamentario socialista sinalou que se trata dun “problema económico, social e político de primeira orde” e desbotou as propostas da entidade de “dilatar a proposta de solución ao mes de xuño”. Lembrou que outras entidades xa acadaron solucións a través do canxe por participacións a prazo fixo, por accións, bonos, participacións ou mesmo por líquido.

Juan Carlos Francisco apuntou que as perdas da entidade no exercicio de 2011 “motivan a imposibilidade de pagar os intereses correspondentes ás Participacións Preferentes” devengados e pactados cos clientes. Reclamou á Xunta que explique si volverá a pagar o “cupón das Preferentes” logo de que o goberno galego afirmara que a entidade volverá a ter beneficios no primeiro trimestre de 2012.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar