Esixen a Feijóo que pida disculpas aos presidentes anteriores e que renda contas no Parlamento das súas viaxes, como é tradición

Esixen a Feijóo que pida disculpas aos presidentes anteriores e que renda contas no Parlamento das súas viaxes, como é tradición

Esixen a Feijóo que pida disculpas aos presidentes anteriores e que renda contas no Parlamento das súas viaxes, como é tradición

O Secretario de Organización, Pablo García, afeou a conduta do Presidente Galego que “do único que pode presumir e de ser o primeiro presidente que oculta ao control do Parlamento as súas viaxes”

O Senador socialista esixe a Núñez Feijóo que respecte a institución que representa e pida perdón aos seus predecesores

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, esixiu ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “pida desculpas aos seus antecesores no cargo, tanto aos do PP coma aos do PSdeG-PSOE” e se “desdiga das súas palabras”, en referencia ás pronunciadas polo xefe do Executivo o pasado día 2 de xullo, cando presumiu de ser “o primeiro presidente que, cando vai dar un mitin, a Xunta non financia a viaxe”.

O senador socialista considera preciso que o presidente da Xunta matice as súas palabras, “en primeiro lugar porque, como sucede máis a miúdo do que nos gustaría, son falsas, e logo porque fan un dano institucional totalmente gratuíto, que non é maior grazas á mesura e sabio proceder dos seus predecesores”.

García condena as “ansias incontrolables” do Presidente galego por “ser o primeiro”, e repróchalle a Feijóo que, ata o de agora, “é o campión do paro, dos recortes e da paralización da economía”.

O que houbera satisfeito aos socialistas, insiste o Secretario de Organización, é que houbera recollido o facho do seu inmediato predecesor, o socialista Pérez Touriño, e rendera conta de todas e cada unha das viaxes que realizou como presidente ao Parlamento de Galicia, así como a “escrupulosa separación das viaxes institucionais do período electoral”, recorda García.

Neste sentido, o dirixente socialista, considera que a viaxe que vai iniciar o titular do Executivo, “debera ser unha mostra de que non haberá adianto electoral, senón el mesmo queda retratado”, afirma García.

Pablo García esixe a Feijóo que explique os motivos da xira por Sudamérica e responda á volta dos obxectivos logrados nesta viaxe diante da Cámara galega. Sen embargo, non se amosa moi convencido de lograr unha resposta do mandatario galego, “dados os precedentes existentes”, a única achega de Feijóo neste sentido, explica Pablo García, é precisamente a rotura da tradición do rendemento de contas das viaxes presidenciais ao Lexislativo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar