Esixen a Feijóo que “faga algo mais que propaganda” para solucionar o conflito das participacións preferentes

Esixen a Feijóo que “faga algo mais que propaganda” para solucionar o conflito das participacións preferentes

Esixen a Feijóo que “faga algo mais que propaganda” para solucionar o conflito das participacións preferentes

Juan Carlos Francisco Rivera lembra que a Xunta “ten responsabilidade na busca de solucións” diante do Goberno e da UE

O portavoz de Consumo e Interior do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “faga algo mais que propaganda” para resolver o conflito das participacións preferentes. Así o dixo no debate dunha Interpelación socialista na que reclamou ao conselleiro de Economía que dera conta das xestións realizadas para acadar unha solución.

Reclamou que “deixen de facer titulares mediáticos e adopten decisións para a defensa efectiva de milleiros de cidadáns que non poden dispoñer dos seus aforros polo bloqueo das súas participacións e accións”. Reclamou ao conselleiro que explique “qué está facendo a Xunta en torno á solución dun problema complexo” diante do Banco de España, do Goberno central ou da Comisión Europea.

O responsable socialista lembrou que a Xunta “ten responsabilidade na busca de solucións” aos afectados polas participacións preferentes, nomeadamente aos da entidade NGB. Dixo que “necesariamente teñen que facer propostas sensatas e viables diante das entidades financeiras para que se lles devolvan os cartos aos cidadáns” e para recuperar a confianza e credibilidade na entidade que “neste momento está en cuestión”.

Lembrou que precisamente o presidente da Xunta anunciou no ultimo debate do Estado da Autonomía que tiña remitido unha proposta de solución á Comisión Europea e ao Banco de España das que “nunca máis se soubo”. O parlamentario socialista lembrou que a Xunta non explicou “cal foi a proposta realizada, a resposta e a contestación da Comisión Europea”.

Juan Carlos Francisco engadiu que o Goberno galego ten responsabilidade na solución deste conflito precisamente coa entidade NGB porque foi quen “provocou a fusión das caixas cunha decisión política que se demostrou absolutamente inviable”.

O responsable socialista lembrou que “teñen que dar conta da fusión e dos avais que a xustificaron, entre eles a auditoría realizada por KPMG” e reclamou unha Comisión de Investigación “para saber qué pasou cos depósitos e aforros que neste momento non aparecen”.

Arbitraxe de consumo

Lembrou que a proposta da Xunta de recorrer á arbitraxe de consumo resulta “inaplicable” por canto NGB é unha “entidade capitalizada con diñeiro público” que necesitaría da autorización do FROB, así como do goberno do Estado a través do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores e da propia Comisión Europea.

O responsable socialista advertiu que as oficinas de información do Instituto Galego de Consumo “ofrecen información sobre as preferentes de xeito selectivo” mentres “a maioría non ofrecen ningunha información a respecto das propostas aos afectados” para resolver esta situación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar