Esixen a Feijóo que explique “para qué nos endebedamos” xa que a única conclusión é que “temos cada vez peores servizos públicos e debemos mais diñeiro”

Esixen a Feijóo que explique “para qué nos endebedamos” xa que a única conclusión é que “temos cada vez peores servizos públicos e debemos mais diñeiro”

Esixen a Feijóo que explique “para qué nos endebedamos” xa que a única conclusión é que “temos cada vez peores servizos públicos e debemos mais diñeiro”

p>Abel Losada sinala que o incremento constante da débeda galega “demostra unha incapacidade de xestión notable” por parte da Xunta, que disparou a débeda nun 88 por cento dende 2009

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiu ao presidente da Xunta “que nos explique a tódolos galegos e galegas para qué nos endebedamos”. Así o dixo logo de constatar hoxe o incremento da débeda ata o 12,8 por cento do PIB logo de tres anos de recortes xeneralizados, co que “a única conclusión é que cada vez temos peores servizos públicos e debemos mais diñeiro”.

Dixo que os datos coñecidos hoxe “demostran unha incapacidade de xestión notable” por parte da Xunta e do seu presidente. Sinalou que o presidente da Xunta ten “unha explicación pendente” sobre o obxectivo do incremento da débeda “salvo que sexa para o cumprimento da ortodoxia do déficit cero a calquera custe”.

Losada sinalou que a consecuencia desta política é que “os galegos temos hoxe uns moito peores servizos públicos e debemos mais diñeiro que cando Feijóo chegou á Xunta” logo de tres anos e medio dunha política que “para o único que lle serve é para ir aos almorzos informativos de Madrid a poñerse a medalla do déficit cero”.

Débeda disparada

O responsable socialista apuntou que, segundo os datos do primeiro trimestre de 2012, feitos públicos hoxe polo Banco de España, a débeda pública de Galicia ascende a 7.381 millóns de euros, que aumentaría noutros 231 coa débeda das empresas públicas. Estes datos supoñen un incremento do 88,15 por cento con respecto ao primeiro trimestre de 2009, nun total de 3.458 millóns de euros.

Advertiu que a débeda representa o 12,8 por cento do PIB, a sexta maior do Estado, fronte ao 6,9 por cento que representaba no primeiro trimestre de 2009, cando Feijóo chegou á Xunta. O balance é que en tres anos e medio Feijóo multiplicou por 6,5 o incremento da débeda do goberno socialista, crecendo 3.458 millóns fronte aos 526 que aumentou entre 2005 e 2009.

Ademais, no último ano o aumento da débeda pública en Galicia foi dun 19,51 por cento, preto de catro puntos superior á suba para o conxunto das comunidades autónomas, dun 15,74 por cento, co que en doce meses a Xunta endebedou a cada galego en 434 euros mais que o resto do Estado.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar