Esixen a Feijóo que deixe de mentir e de antepoñer os seus intereses de "marketing" político ás necesidades da economía galega

Esixen a Feijóo que deixe de mentir e de antepoñer os seus intereses de "marketing" político ás necesidades da economía galega

Esixen a Feijóo que deixe de mentir e de antepoñer os seus intereses de "marketing" político ás necesidades da economía galega

Abel Losada lembra que cando os socialistas denunciaron que Feijóo pechara o exercicio o 30 de setembro de 2011 para maquillar as contas e autoensalzarse como campión do déficit cero, o PP dedicouse a insultar á oposición

Losada advirte que a gravidade de que a Xunta non inxecte diñeiro público e se retrase nos pagos está en que afondará a recesión económica e disparará aínda máis o paro

Os socialistas esixen a Feijóo que deixe de mentir e enganar aos cidadáns, e de antepoñer os seus intereses de marketing político ás necesidades da economía galega.

O portavoz no Parlamento de Galicia, Abel Losada, lembra que cando os socialistas denunciaron que Feijóo pechara o exercicio o 30 de setembro de 2011 para maquillar as contas e autoensalzarse como campión do déficit cero, o PP dedicouse a insultar á oposición por exercer o seu labor de control ao Goberno.

Só ás empresas afiliadas á Federación Galega da Construción a Xunta debe 31,4 millóns de euros. No que vai de ano a Xunta suma impagos por importe de 18,65 millóns de euros coas súas empresas asociadas. No último cuatrimestre do pasado ano acumulou impagos por 35 millóns, dos que as construtoras teñen sen cobrar 12,8 millóns de euros.

Losada explica que a gravidade de que Feijóo antepoña os seus intereses de marketing político ás necesidades de inxectar diñeiro público está en que “o único resultado é máis paro e máis recesión”.

Neste sentido Losada lembra que nun momento en que o paro está disparado, que a Xunta retrase os pagos no que para os socialistas é unha estratexia, non un retraso puntual, imposibilita a dinamización da economía galega.

De feito, Losada chama a atención sobre os datos que amosan non só o retraso nos pagos senón unha caída dramática da licitación pública. E estamos xa nun momento en que dirixentes de toda Europa e de todas as cores apuntan a necesidade de compatibilizar o control do déficit coas políticas de crecemento, “aínda que Feijóo, lamentablemente non está nesa liña”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar