Esixen a Feijóo que deixe de esconderse e que o PP asuma as súas responsabilidades no caso Conde Roa

Pablo García afirma que “o caso Conde Roa ten perplexa a toda España, e o Partido Popular non se está comportando á altura das esixencias éticas e morais da inmensa maioría da sociedade española”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, esixe a Feijóo “que deixe de esconderse” e ao PPdeG “que deixe de buscar escusas e asuma as súas responsabilidades respecto do caso Conde Roa”.

García afirma que “o caso Conde Roa ten perplexa a toda España, e o Partido Popular non se está comportando á altura das esixencias éticas e morais da inmensa maioría da sociedade española”.

“É un clamor que a situación completamente irregular de Conde Roa avergoña e indigna á maioría dos galegos e españois”, sinala.

“Feijóo está na obriga moral e política de tomar decisións e frear esta sangría de descrédito causada pola irresponsabilidade manifesta do alcalde da capital de Galicia e a inacción do presidente da Xunta”, conclúe.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar