Esixen a Feijóo que compareza para explicar a repercusión nas galegas e galegos duns recortes que nos levan “a galope tendido hacia o abismo, a recesión e o desemprego”

Esixen a Feijóo que compareza para explicar a repercusión nas galegas e galegos duns recortes que nos levan “a galope tendido hacia o abismo, a recesión e o desemprego”

Esixen a Feijóo que compareza para explicar a repercusión nas galegas e galegos duns recortes que nos levan “a galope tendido hacia o abismo, a recesión e o desemprego”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, afirma que os socialistas galegos estarán a carón da xente e os seus problemas, no Parlamento e na rúa.

Preguntou a Feijóo, “o campión das televisións”, por que está “desaparecido” e non explica por que ten sen pagar aos empresarios para ocultar a débeda de Galicia

Recrimina a Rajoy e Feijóo que teñan optado por Grecia en lugar de por Francia, o que nos conduce polo polo camiño da recesión, maior desemprego, maior sufrimento e maiores dificultades

Sobre a carta dos directivos de NGB, Pachi Vázquez afirma que pedir perdón está ben, pero o que hai que facer é que devolver os cartos, en relación ás demandas dos afectados polas preferentes

O líder dos socialistas galegos visitou o centro especial de emprego de COGAMI, en Santiago. Salientou a importante labor das persoas que crean mecanismos para facerlle máis doada a integración laboral a aqueles que o teñen máis difícil en termos de competitividade e lamentou os recortes “dobremente inxustos” de Rajoy e Feijoo a aqueles “aos que na vida xa lle tocaron recortes”, en alusión aos discapacitados.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, visitou as instalacións do centro especial de Emprego (TRAVEME) que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en funcionamento no Polígono do Tambre de Santiago.

O máximo dirixente dos socialistas galegos salientou o traballo desta organización “unha labor admirable, das que nos fai sentir ben en termos sociais”. Vázquez valorou a capacidade de superación das dificultades na procura da competitividade dos seus asociados. Destacou tamén o importante papel de inserción laboral dos centros especiais de emprego desta Confederación.

O Secretario Xeral do PSdeG manifestou que lle parece “dobremente inxusto” cando os recortes, que xa vivimos todos, lle tocan a aqueles que “aos que na vida xa lle tocaron recortes”. Vázquez fixo un chamamento para que desde as institucións se teña a “sensibilidade” necesaria con aquelas persoas que crean mecanismos para facerlle máis doada a integración laboral a aqueles que o teñen máis difícil en termos de competitividade. “Este centro é un exemplo”, afirmou.

Instou ao Goberno central e autonómico a “non facer recortes nestes sectores” nos que “a palabra emprego ten unha dobre dificultade”.

Na visita ao centro de emprego de COGAMI Pachi Vázquez estivo acompañado da Coordinadora da Área Social da Executiva, Margarita Pérez Herraiz, e a deputada portavoz dos asuntos relacionados coa Discapacidade do Grupo Socialista no Congreso, Laura Seara. A delegación socialista foi recibida polo Presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

RECORTES DE RAJOY

Pachi Vázquez referiuse aos anuncios de recortes de Mariano Rajoy como a consumación dese “gran fraude electoral que consiste en anunciar no Congreso xusto o contrario do que se dixo en Campaña”. O líder dos socialistas galegos advertiu que a decisión de Rajoy de “optar por Grecia en lugar de pro Francia” abre un camiño cara un “sufrimento” que é “innecesario e inxusto”.

“Vannos levar polo camiño da recesión, maior desemprego, maior sufrimento e maiores dificultades”, insistiu Vázquez. Cando caia o consumo “como vai caer”, augura o dirixente socialista, “se vai afundir o consumo e vai aumentar o paro”. Recordou que medidas como a supresión da paga extra de Nadal aos funcionarios van contribuír a paralizar o consumo nesas datas.

Para Vázquez Feijóo e Rajoy van a “galope tendido cara o abismo”, cara a recesión e o desemprego, polo que anunciou a petición da comparecencia do Presidente galego para que explique no Parlamento como van afectar eses recortes aos pensionistas, aos parados, aos empresarios, ao sector turístico.

Preguntado polas posibles candidaturas ás primarias do PSdeG-PSOE, o líder dos socialistas galegos confesou só ter a cabeza para “os problemas dos cidadáns de Galicia que o están pasando fatal”. Só preocupan ao dirixente socialista os pensionistas e as pensionistas aos que se lle gravan os medicamentos, os estudantes que non van ter cartos para pagar as taxas universitarias, o sector naval, ou a xente con discapacidade que converten cada día nunha aventura. Non contempla o socialista a preocupación sobre outras cuestións que non sexan os graves problemas que afectan á sociedade galega.

“Nós imos estar onde temos que estar”, así reiterou que os socialistas estarán a carón da xente, no Parlamento e na rúa. Preguntouse por que Feijóo, “o campión das televisións”, está “desaparecido”.

Vázquez adiantou que presionará ao Goberno para que saque adiante a este país, para que diga a verdade. Que explique que “por non acollerse ao pago a provedores, debe centos de millóns de euros que non queren recoñecer”. Reprochou a Feijóo que oculte a débeda de Galicia a costa de non pagarlle aos empresarios.

Respecto á petición de perdón dos directivos de NGB difundida hoxe por varios medios de comunicación o Secretario Xeral do PSdeG foi lacónico: “pedir perdón está ben, pero o que hai é que devolver os cartos”, dixo en relación ás demandas dos afectados polas preferentes.

Sobre o anuncio da creación da comisión parlamentaria de investigación sobre as caixas, Vázquez considerou este feito moi importante “e debe seguir adiante”, pero é máis importante a comparecencia de Feijóo para explicar a profundidade con que afectarán ás galegas e aos galegos os recortes anunciados por Rajoy no Parlamento xa que coa comisión, “non lle vai devolver os cartos á xente, nin lles axudamos a chegar a final de mes, nin lles axudamos a pagar o IVE aos do sector do Turismo” exemplificou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar