Esixen a Feijóo que arranque compromisos firmes do goberno central no campo galego antes do 21 de outubro, cando seguro que deixará de ser presidente da Xunta

Esixen a Feijóo que arranque compromisos firmes do goberno central no campo galego antes do 21 de outubro, cando seguro que deixará de ser presidente da Xunta

Esixen a Feijóo que arranque compromisos firmes do goberno central no campo galego antes do 21 de outubro, cando seguro que deixará de ser presidente da Xunta

Ana Doval lamenta que se destinen fondos de desenrolo rural a construción de pistas de padel en Forcarei mentres o sector agoniza

A secretaria de Medio Rural da CENG asegura que “queremos compromisos reais e iso pasa porque antes de rematar setembro exista algunha acción clara do goberno central coa industria e as distribuidoras”

Explican que se Feijoo apraza a materialización deses compromisos “será froito dunha estratexia e dun engano electoral”

A secretaria de Medio Rural da Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, Ana Doval, reclama que os encontros iniciados co sector para a regulación dos prezos do leite e para analizar medidas de apoio ao sector ante o drama do campo galego se trasladen “en accións inmediatas e urxentes”. “Os socialistas non aceptaremos ningunha medida ou compromiso que se pospoña ata despois das citas coas urnas o 21 de outubro, non queremos anuncios, queremos medidas inmediatas”, explica Doval.

A socialista pídelle a Feijoo que “arranque compromisos fixos do goberno central antes do 21-O” e esíxelle “que non os aprace porque será unha estratexia e un engano electoral”.

Segundo a secretaria de Medio Rural da Executiva Nacional Galega o sector “non pode estar pendente das urnas nin moito menos das obviedades do goberno central”- referíndose as declaracións desta semana de Arias Cañete- e reclama “accións inmediatas que vaian máis alá de dicir que o que todos xa sabemos e que en Galicia o prezo do leite non chega a 30 céntimos e que máis de 65.000 galegos e galegas vinculados ao sector primario atópanse nunha situación límite”.

Os socialistas aseguran que queren "compromisos reais e iso pasa porque antes de rematar setembro exista algunha acción clara do goberno central coa industria e as distribuidoras”. Ana Doval explica que tamén, antes de celebrarse as eleccións a Xunta de Galicia, “reforcen os servizos de extensión agraria e se poña en marcha accións de ordenación do territorio facilitando o acceso ás parcelas para facilitar así o lixeiro regreso ao sector experimentado no último ano".

Ademais, a secretaria de Medio Rural esíxelle ao goberno galego que antes de que comece a campaña electoral “convoque ao sector da distribución para que acabe coas políticas abusivas das áreas comerciais”.

Por último, a socialista insiste na “nula sensibilidade do goberno galego co drama do sector” e asegura que as respostas son “froito dos sindicatos e da oposición e non de estratexias propias”.

Neste sentido, os socialistas lamentan que se permita que os fondos de desenvolvemento rural, en concreto os proxectos dinamizadores de medio rural que presentan os concellos, “se destinen a construción de pistas padel en concellos onde o sector primario é estratéxico”. Ana Doval pon de exemplo o caso de Forcarei, “que destinará máis de 60.000 euros de fondos de AGADER a esta infraestrutura”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar