Esixen a Feijóo que aproveite a reformulación da Lei do Deporte que esixe o estado para que contemple o deporte de base, o deporte na natureza e o apoio ao tecido asociativo

Agora que a Xunta admite que a norma excede as competencias en materia de violencia, Carmen Acuña esixe unha reformulación máis ampla do texto lexislativo

A portavoz de Deportes do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Acuña, ven de instar ao Goberno galego e ao seu presidente a aproveitar a necesaria reforma da Lei do Deporte para incluír as emendas que rexeitaran ao PSdeG-PSOE.

O Goberno central ven de deixar sen efecto o título IX da norma galega, aprobada o pasado ano. Os dezasete artigos establecían a actuación autonómica en materia de prevención e represión da violencia nos espectáculos deportivos e manter a seguridade cidadá. O Estado argumenta que a lei excédese no seu ámbito de aplicación. Logo dun acordo coa Xunta, o Goberno Galego comprometeuse á modificación da lei para desactivar todo o apartado relativo á loita contra a violencia no deporte.

A parlamentaria socialista recorda que os socialistas xa rexeitaran esta lei por limitarse a regular a dopaxe e a violencia no deporte, polo que considera que o texto lexislativo queda “mutilado na súa metade”.

Por esta razón espera que o Goberno “aproveite a ocasión para reformular a lei” e se inclúan así as propostas socialistas para contemplar adecuadamente o deporte escolar, o deporte e a natureza, así como o relativo ao tecido asociativo deportivo. Acuña reclama ademais o acompañamento destas modificacións dunha asignación orzamentaria razoable.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar