Esixen a Feijóo que aclare ao Parlamento o perdón dos 3 millóns de euros a Telmo Martín e que garanta a reposición da legalidade

Esixen a Feijóo que aclare ao Parlamento o perdón dos 3 millóns de euros a Telmo Martín e que garanta a reposición da legalidade

Esixen a Feijóo que aclare ao Parlamento o perdón dos 3 millóns de euros a Telmo Martín e que garanta a reposición da legalidade

Ismael Rego presenta unha moción no próximo Pleno esixindo ao goberno galego “que evite calquera discrecionalidade ou trato de favor” na aplicación da lexislación urbanística de Galicia

O responsable da Área de Territorio do Grupo Socialista, Ismael Rego, reclámalle á Xunta que repoña a legalidade urbanística no inmoble que construíu a empresa do deputado do PP Telmo Martín, Construcuatro, invadindo terreo protexido na praia de Silgar –Sanxenxo-. Os socialistas levan unha moción ao próximo Pleno para que a Xunta explique o perdón da sanción de 3 millóns de euros a Telmo Martín pola ocupación de dominio público marítimo terrestre no edificio de Silgar.

Rego lembra que esta sentenza impoñía ademais unha multa de 3 millóns de euros á empresa do deputado do PP no Congreso, que posteriormente foi sobreseída polo Consello da Xunta “ás agochadas” sen dar información pública en novembro de 2011. A Xunta tomou esta decisión logo de que o Tribunal Supremo revocara un sobresemento previo executado ilegalmente en 2005 polo conselleiro e actual senador Enrique López Veiga.

O responsable socialista lembrou que o Tribunal Supremo anulou o expediente que sobreseía a supresión da multa e ademais establecía a obriga de restaurar a legalidade urbanística que vulneraba o inmoble.

Nesta iniciativa, Rego reclámalle tamén á Xunta que remita ao Parlamento o expediente completo aberto á empresa Construcuatro por vulneración da lexislación urbanística e de protección do espazo de dominio público marítimo terrestre coa construción do inmoble invadindo a praia de Silgar.

Discrecionalidade

A iniciativa socialista esixiulle ao goberno galego que “evite calquera tipo de discrecionalidade ou trato de favor” na aplicación da lexislación urbanística de Galicia, e en especial na utilización dos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Sinala que a Xunta debe garantir “que a tramitación e aprobacións de proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal se efectúe baixo criterios de interese xeral” e con “suficiente xustificación pública e obxectividade”.

Rego insta ao goberno galego a que remita ao Parlamento un informe completo sobre a situación actual e desenvolvemento futuro previsto en relación ás Directrices de ordenación do territorio e ao Plan de Ordenación do litoral. Este informe debe explicar ademais “as resolucións ou acordos adoptados en relación aos contenciosos ou reclamacións presentadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar