Esixen a Feijóo e Quintana un compromiso coa pesca e presionen a Cañete para que defenda os intereses da flota cefalopodeira na negociación do acordo con Mauritania

Esixen a Feijóo e Quintana un compromiso coa pesca e presionen a Cañete para que defenda os intereses da flota cefalopodeira na negociación do acordo con Mauritania

Esixen a Feijóo e Quintana un compromiso coa pesca e presionen a Cañete para que defenda os intereses da flota cefalopodeira na negociación do acordo con Mauritania

José Ramón Val, portavoz de Pesca do GP Socialista, afirma que o acordo da UE con Mauritania certifica a desaparición da flota cefalopodeira galega

Os socialistas poñen de manifesto que, coinciden con gobernos do PP o exilio da flota de Marrocos e as condicións de risco de desaparición da flota que agora quere impoñer Mauritania

De non variar os termos estaríamos diante do maior fracaso da historia en materia de acordos pesqueiros, afirma José Ramón Val

O acordo de pesca da UE con Mauritania “certifica a desaparición da flota cefalopodeira galega”, afirma o portavoz socialista de Pesca, José Ramón Val.

Esta flota xa fora previamente expulsada de Marrocos noutra negociación pésima que supuxo a redución das 240 unidades que faenaban nos anos setenta ás 75 de 1999. Hoxe, a flota exiliada a Mauritania, está composta polas 24 unidades “condenadas a desaparecer, xunto coas empresas armadoras e preto de 360 traballadores directos máis outros milleiros indirectos” denuncia o deputado socialista.

Val recorda que o acordo que supuxo o exilio da flota cefalopodeira galega, de Marrocos e Mauritania, e o actual, “produciuse cun Goberno do Partido Popular ao fronte dos intereses pesqueiros españois”.

Reproba a actitude do Goberno de Galicia, “que asiste impávido á desaparición da flota cefalopodeira galega sen que se teña escoitado, até o de agora, nin unha soa voz crítica da Xunta de Galicia”, nin para coa UE nin para o Goberno central por un acordo pesqueiro que, resume o portavoz de Pesca socialista, “significa o desmantelamento de toda unha flota que non ten alternativa viable de pesca”.

Os termos do acordo provocarán que a flota da pescada vai pagar moito máis por moita menos capacidade de pesca. Vanse multiplicar por tres ou por catro as licencias dos buques aos que se lles permite seguir faenando. Tamén se recorta o período do acordo de seis a dous anos, así como a área de pesca, reducida en máis dun 40 %. Por outra banda, se incrementa ate o 60 % a obriga de enrolar tripulacións nativas. Ademais o acordo obriga a que se fagan o 100% dos desembarcos na propia Mauritania.

Para José Ramón Val o acordo con Mauritania é “un dos maiores fracasos negociadores da historia dos acordos pesqueiros”.

Ante esta situación e posto que se iniciou hoxe a xuntanza para debater sobre este acordo en París os socialistas galegos “esiximos e demandamos da conselleira Rosa Quintana e do Presidente o señor Feijoo que dunha vez se comprometan co sector pesqueiro para presionar ante o Goberno de España, ante o señor Cañete para que, no debate que se está a desenvolver, os intereses pesqueiros da flota cefalopodeira e da flota que se dedica á pescada neste caladoiro sexan tidos en conta”, require o portavoz de Pesca do Grupo Socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar