Esixen a Feijóo e a Rajoy que aporten unha solución para Nova Galicia Banco que non discrimine a Galicia

Esixen a Feijóo e a Rajoy que aporten unha solución para Nova Galicia Banco que non discrimine a Galicia

Esixen a Feijóo e a Rajoy que aporten unha solución para Nova Galicia Banco que non discrimine a Galicia

A Secretaria de Coordinación da Área de Economía do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, esixe a Feijóo que “pase das palabras á acción” co Goberno Central para garantir un Sistema Financeiro galego eficaz e eficiente, que faga fluír o crédito a empresas e familias e resolva o problema dos inversores en preferentes

Espera ao venres para coñecer a decisión de Rajoy, pero anticipa que para os socialistas, en tempos de recortes en servizos básicos, o diñeiro que flúa cara as entidades financeiras debe de ser en crédito, nunca a fondo perdido

A Secretaria de Coordinación da Área de Economía do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, ven de esixir a Núñez Feijóo e a Mariano Rajoy “que se deixen de pasarse a pelota de Nova Galicia Banco un ao outro”. Para os socialistas o titular do Executivo galego ten que “pasar das declaracións á acción” e “deixar de ser o freo para o desenvolvemento do sistema financeiro de Galicia”.

Piden a Feijóo que “exerza de Presidente de Galicia para que se lle dea unha solución a Nova Galicia Banco”. Así, Carmen Gallego reiterou o apoio dos socialistas galegos, que xa anticipou onte o seu secretario xeral, para que exerza o peso da Comunidade Autónoma diante do Goberno Central “co único obxectivo de ter un sistema financeiro galego eficaz e eficiente”.

Un sistema financeiro, apunta Gallego, “que faga fluír o crédito ás empresas e ás familias” e que resolva un problema que teñen hoxe milleiros de galegos e de galegas coas accións preferentes, e “que necesitan que NGB lles devolva os cartos”.

O MESMO TRATO PARA NGB QUE PARA OUTAS ENTIDADES

Preguntada polo anuncio de medidas relacionadas co Sistema Financeiro para este venres, feito onte por Rajoy, a Coordinadora de Economía da Executiva dos socialistas galegos reclamou “que a fórmula que adopte o Goberno Central coa Xunta ten que ser unha fórmula que non discrimine a Galicia”.

Carmen Gallego chamou a atención sobre o feito de que, “nun momento en que se está a recortar” en servizos esenciais como a Sanidade ou a Educación, “os socialistas temos claro que o diñeiro que flúa cara as entidades financeiras debe de ser en crédito, como se fixo en anteriores ocasións, non en axudas a fondo perdido”.

Recordou que o Partido Socialista, cando estivo no Goberno, trasladou recursos ás entidades para manter o Sistema Financeiro “a modo de créditos a devolver ao Estado, nunca a fondo perdido”. Un opción que “Rajoy dixera que nunca empregaría e que agora parece que está disposto a facer” tal e como se desprende da lectura dos medios de comunicación. En todo caso, Gallego Calvar dixo preferir esperar “ao real decreto do venres” do Consello de Ministros.

Con todo, incidiu en que os socialistas galegos “queremos que se lle dea unha solución a NGB por parte de Feijóo e de Rajoy e que sexa en igualdade de condicións que ás demais entidades financeiras, sen que se discrimine a Galicia”, esixe Gallego.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar