Esixen a Feijóo a máxima celeridade para aclarar o sucedido na Deputación de Ourense no caso que investiga a UE

Esixen a Feijóo a máxima celeridade para aclarar o sucedido na Deputación de Ourense no caso que investiga a UE

Esixen a Feijóo a máxima celeridade para aclarar o sucedido na Deputación de Ourense no caso que investiga a UE

Laura Seara pide que de forma urxente se depuren responsabilidades pola apertura dun expediente de investigación por parte da Comisión Europea por un presunto fraude na utilización de fondos comunitarios

Afirma que Feijóo ten que tomar cartas sobre este asunto porque é o segundo caso de mal uso de fondos europeos na provincia de Ourense, e en ambos casos aparece o nome de Rogelio Martínez, o seu delegado territorial

A secretaria de Coordinación de Política Institucional, Laura Seara, esixe a Feijóo “máxima celeridade para aclarar o sucedido e que se depuren responsabilidades de forma urxente pola apertura dun expediente de investigación na Deputación de Ourense por parte da Comisión Europea”.

Seara lembra que os datos aportados polo Comisario europeo de Fiscalidade, Auditoría e Loita contra o Fraude, Algirdas Semeta, confirman a apertura dun expediente de investigación á Deputación de Ourense "por sospeitas fundadas de que se cometeron actos de fraude, corrupción e outras actividades ilegais no uso de fondos estruturais”.

Unha investigación que vén a confirmar as denuncias feitas durante anos polo Partido Socialista respecto de presuntas irregularidades na xestión de fondos públicos na Deputación de Ourense.

Ante esta situación, a Sª de Coordinación Institucional da Comisión Executiva do PSdeG, Laura Seara, solicita ao PPdeG que actúe para depurar responsabilidades nos usos destes fondos europeos.

A dirixente socialista afirma que “estamos ante un tema moi grave”, polo que esixe “transparencia”, e recorda se trata do segundo caso de mal uso de fondos europeos en Ourense, xa que Rogelio Martínez, delegado da Xunta nesta provincia, vai a ser xulgado tamén por outro caso similar.

Seara afirma que “chove sobre mollado”, porque Rogelio Martínez era o vicepresidente da Deputación cando sucederon os feitos investigados neste momento pola UE, polo que insiste “na obriga de Feijóo de tomar cartas neste asunto”.

Así manifesta a necesidade de “actuar con rapidez”, e apoia a petición dunha Comisión de Investigación que sobre este asunto pediu o Grupo Socialista na Deputación de Ourense, e que o PP coa súa maioría absoluta rexeitou. “Sería un exemplo de transparencia necesario para ter credibilidade ante os cidadáns”, engade.

“Feijóo non pode esconderse cada vez que aparece un caso”, apunta, e conclúe que “é inadmisible que dera a calada por resposta no caso de Rogelio Martínez, e volva a facelo de novo agora”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar