Esixen a dimisión de Mauro Varela logo de “enganar, estafar e agora humillar” ás vitimas da fraude das preferentes

Esixen a dimisión de Mauro Varela logo de “enganar, estafar e agora humillar” ás vitimas da fraude das preferentes

Esixen a dimisión de Mauro Varela logo de “enganar, estafar e agora humillar” ás vitimas da fraude das preferentes

Juan Carlos Francisco Rivera reclama “explicacións e desculpas públicas” do directivo por esta fraude e por unha xestión financeira que levou á entidade a precisar de investimentos de miles de millóns de euros de diñeiro público

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, esixiu a dimisión de Mauro Varela logo de “enganar, estafar e agora humillar” ás vítimas da fraude das preferentes. Así o dixo logo das declaracións do ex directivo de Caixa Galicia e agora presidente de Novacaixagalicia responsabilizando ás vítimas do engano.

O parlamentario socialista dixo que o directivo “faría moi ben non só en dimitir inmediatamente do seu cargo na entidade senón en saír á luz pública e pedir desculpas”. Juan Carlos Francisco Rivera lembrou que a entidade dirixida por el “colocou produtos de alto risco a aforradores e clientes de toda a vida que tiñan a súa confianza depositada na entidade e a día de hoxe vense enganadas”.

Considera “insultantes, inadmisibles e absolutamente indignantes” as declaracións de Varela coas que demostra “nulo respecto a milleiros de cidadáns estafados e enganados pola súa entidade”. Sinalou que “ademais de moi mal xestor, cuxas responsabilidades esixiremos pola vía conveniente, ten demostrado non ter ningún tipo de consideración cara a milleiros de galegos e galegas que están vivindo un drama económico, social e persoal”.

Juan Carlos Francisco Rivera sinalou que “sería conveniente que, ademais de devolver todo tipo de indemnizacións escandalosas que percibiron tanto el como os seus compañeiros na dirección da entidade, explicara e asumira as súas responsabilidades por unha xestión que levou á desaparición das caixas galegas e obrigou á inxección de miles de millóns de diñeiro público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar