Esixen a dimisión da Directora Xeral de Formación e Colocación e que se empreguen os fondos do Plan de Modernización para manter os 109 promotores

Esixen a dimisión da Directora Xeral de Formación e Colocación e que se empreguen os fondos do Plan de Modernización para manter os 109 promotores

Esixen a dimisión da Directora Xeral de Formación e Colocación e que se empreguen os fondos do Plan de Modernización para manter os 109 promotores

Enrique Negueruela, Secretario de Economía e José Manuel Civeira, Secretario de Emprego da Executiva do PSdeG-PSOE acusan ao PP de querer privatizar o Servizo Público de Colocación mediante o deterioro do servizo

Os socialistas presentaron unha iniciativa parlamentaria esixindo á Xunta o mantemento no seus postos aos promotores, encargados da clasificación, un paso decisivo para a orientación e a colocación dos desempregados

O Secretario de Economía da Executiva dos socialistas galegos, Enrique Negueruela, anunciou o rexistro dunha iniciativa do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, reclamando que a Consellería de Traballo destine os fondos do Plan de Modernización procedentes do Estado para manter no seu posto de traballo aos 109 promotores de emprego dos que prescindirán a partires do 30 de xuño, tal e como anunciou no Parlamento o pasado 31 de maio a Directora Xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz.

Negueruela calculou en 2,4M€ a cantidade a transferir a Galicia polo Servizo Público de Emprego Estatal para a modernización dos servizos autonómicos. Resulta unha cantidade “superior aos 1,7M€ necesarios para cubrir as necesidades de persoal referidas”.

Comproban os socialistas que, ao contrario polo exposto pola responsable de Formación do Executivo de Feijóo, “existen fontes de financiamento e só fai falta vontade política” para manter nos seus postos aos 109 promotores de emprego, agora, e aos 104 orientadores que dos que podería prescindir a Xunta en decembro.

En rolda de prensa xunto ao Secretario de Emprego da CENG do PSdeG, José Manuel Civeira, o dirixente socialista deslexitimou o argumento de Ana María Díaz de que estes promotores non atendían nada máis que a dúas persoas ao día. Negueruela recordoulle á Directora Xeral de Formación que son os Servizos Centrais os que poñen as citas e que estes traballadores, en lugar de quedarse de brazos cruzados cando non lle chegan as persoas citadas, van clasificando ás que se atopan na cola para inscribirse.

Negueruela acusa ao Partido Popular de querer desmantelar o Servizo Público de Emprego baseándose na evolución dos técnicos propios da Xunta. En maio 2005, a ratio de demandantes por técnico, dun total de 219, era de 786 desempregados e 129 altas. En maio de 2012 aumenta a 938 demandantes e 121 altas, con un total de 296 técnicos (en 2009 había 320).

OS POPULARES PRETENDEN A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO

Aos socialistas preocúpalles que o que pretendan os populares desde o Goberno da Xunta é o “colapso absoluto” dos servizos públicos para que despois se teña que recorrer ás ETTs para facer o traballo que agora fan os servizos públicos.

Enrique Negueruela explicaba que “se está a reducir en mais da metade o persoal que atende aos parados xusto no momento en que o desemprego sube máis que nunca”. Nese momento se dirá, vaticina o Secretario de Economía dos socialistas galegos, “temos que pechar os servizos públicos pola súa incompetencia e teremos que recorrer ás ETTs” e todo o mundo dirá “menos mal porque aguantábamos unhas colas de horas.

O programa do Partido Popular é conseguir que se deterioren os servizos públicos de tal maneira que a xente respire cando se privatice, acusan os socialistas. “Nós o que lle dicimos é que non apliquen este programa, collan os cartos onde están que é no Plan de Modernización, continúa mantendo os orientadores, sigan mantendo os promotores, poñan as plantiñas como cando chegaron e cubran as vacantes, “verán como si se pode facer un bo Servizo Público de Emprego”, aseverou Negueruela.

ESIXEN O CESE DA DIRECTORA XERAL DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN

Os socialistas galegos veñen de pedir á Conselleira de Traballo o cese inmediato da Directora Xeral de Formación e Colocación, Ana María Paz, logo da súa comparecencia na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia o pasado 31 de maio para explicar os motivos polos que se prescindirá dos 109 promotores de emprego o 30 de xuño próximo.

En realidade esta sería “a gota que colma o vaso”, segundo o Secretario de Emprego da Executiva do PSdeG-PSOE, José Manuel Civeira, que, en rolda de prensa engadiu como argumentos “a falta de resultados, a súa incompetencia e por desconsideración”.

A última EPA, “que permite comparar os tres últimos anos de Feijóo no Goberno”, dan como resultado que o aumento do paro foi en Galicia do 60%, mentres que a media se situou no 40%. Mentres “a responsable dos servizos de colocación actúa como se non fora con ela”. Civeria sinala que boa parte do comportamento do paro se debe ó escaso interese polas políticas activas de emprego do Goberno de Feijóo, e “a Directora Xeral de Formación” ten a súa parte de culpa.

Os socialistas afirman que cunha xestión competente se poden recuperar fondos para políticas activas de emprego, e se pode realizar unha formación axeitada para a mellora da empregabilidade, e mellorar a orientación dos desempregados, e só unha xestión “incompetente” pode levar a Díaz” a pedir a privatización.

A desconsideración á que fai referencia o dirixente socialista remítese á visión que debe de ter a Directora Xeral do mercado laboral “non nos debe sorprender” se recordamos, como fixo Civeira, o “infame caso da empregada que traballaba no negocio familiar” e pola que foi condenada por despido improcedente.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar