Esíxelle a Feijóo que empece a facer algo para reducir o paro en Galicia ou lle pida axuda ao psdeg e aos axentes sociais

Esíxelle a Feijóo que empece a facer algo para reducir o paro en Galicia ou lle pida axuda ao psdeg e aos axentes sociais

Esíxelle a Feijóo que empece a facer algo para reducir o paro en Galicia ou lle pida axuda ao psdeg e aos axentes sociais

Carmen Gallego asegurou que Feijóo debería estar reuníndose co PSdeG-PSOE para tomar acordos que axuden a reactivar a economía e a crear emprego

Gallego explicou que Pachi Vázquez ofreceulle propostas para crear 50.000 empregos e en vez diso “o que fai é fuxir de Galicia”

O socialistas consideran que Feijóo é o único responsable de que medre catro veces mais o paro e de que se destrúa mais emprego

A Coordinadora da Área de Promoción Económica e Emprego da Executiva Nacional Galega, Carmen Gallego, asegurou que o PSdeG-PSOE “reiterará de novo a Feijóo a súa oferta de compromiso co emprego de Galicia”. Ademais, instou a Feijóo a que “dea a cara no Parlamento” e “empece a facer algo para facer fronte as dramáticas cifras do desemprego en Galicia”.

Os socialistas recriminan a Feijóo que, dada a actual situación de crise, “debería estar nestes días reunindo de urxencia aos axentes sociais e económicos, aos grupos políticos e facendo plenos no Parlamento de Galicia para falar e darlle solucións a principal preocupación dos galegos que é o emprego”.

Ademais, a dirixente socialista Carmen Gallego asegurou que Feijóo “debería estar reuníndose tamén co PSdeG-PSOE que xa emprazou ao presidente en mais dunha ducia de ocasións para tomar acordos que axuden a reactivar a nosa economía e a crear emprego”.

Gallego explicou que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, “ofreceulle en mais dunha ocasión propostas, a ultima delas para crear 50.000 empregos para xoves, mulleres e parados de longa duración, e en vez diso, Feijóo o que fai e fuxir de Galicia, marchar en excursións por países americanos dos que non trae ningún resultado e lanzar continuamente cortiñas de fume para non falar do principal”.

A dirixente socialista recordou que os últimos datos da EPA “traen á nosa comunidade malas noticias”. Salientou que no último trimestre de 2012 “o paro ascende en Galicia a 275.900 persoas, 10.300 persoas mais que no trimestre anterior e cun incremento do 33,88%”. Tras coñecer estes datos, a socialista recriminoulle a Feijóo que “o paro en Galicia este a medrar catro veces mais que en España”.

A Coordinadora da Área de Promoción Económica e Emprego, explicou que dende que goberna Feijóo, Galicia ten “113.200 persoas máis no paro, o que significa que aumentou un 70% o número de persoas en paro dende o segundo trimestre de 2009, fronte ao 42% que aumentou no conxunto de España”.

A deputada socialista asegurou que tras a publicación dos datos da EPA, Galicia sitúase “no terceiro posto da lista de comunidades autónomas onde mais se incrementa o paro”. Recordou que Galicia “ten 83.700 fogares onde todos os seus membros se atopan no paro, 21.900 persoas mais que hai un ano, o que supón un 88% mais que no ano 2009”.

Ademais, Gallego asegurou que en destrución de emprego neste trimestre “temos unha diminución de persoas ocupadas de 16.800, un dato moi superior a diminución do conxunto de España que é de 15.900 persoas”.

“Con estes datos e coñecendo que o principal problema para a cidadanía galega é o paro, e sabendo que en Galicia o paro medra catro veces mais que en España, non pode dicir o presidente Feijóo que Galicia vai mellor ca España”, sentenciou Carmen Gallego.

A Coordinadora da Área de Promoción Económica e Emprego do PSdeG-PSOE, explicou que nos últimos días estanse a coñecer datos que “nos din que a situación se agrava mais para o segundo trimestre do 2012”. Asegurou que no último informe de síntese económica de Galicia do Instituto de Asuntos Económicos, “din que o PIB vai caer un 1,6% neste 2012, unha cifra que non ten nada que ver coa que publicaba o goberno galego a principios de ano, onde aseguraba que iamos ter un crecemento do 1,1% no PIB”.

Os socialistas aseguran que seguirán insistindo para que o goberno galego “actúe de xeito urxente para parar esta sangría de paro”. “O presidente non debe estar escapando e non debe lanzar cortiñas de fume ante esta situación”, recriminou Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar