Esixe a comparecencia de Feijóo para explicar os recortes e a dramática situación na que quedan os galegos e galegas: “se non o fai, para que sirve o Parlamento?”

Esixe a comparecencia de Feijóo para explicar os recortes e a dramática situación na que quedan os galegos e galegas: “se non o fai, para que sirve o Parlamento?”

Esixe a comparecencia de Feijóo para explicar os recortes e a dramática situación na que quedan os galegos e galegas: “se non o fai, para que sirve o Parlamento?”

Pachi Vázquez afirma que a negativa a comparecer do Presidente poría en cuestión si a Cámara vale para algo máis que de caixa de resonancia dos anuncios publicitarios do Goberno

Recrimina a Feijoo que cando Galicia vive o momento máis difícil en 30 anos de democracia, fuxa dos problemas encetando unha “xira electoral” por Iberoamérica

Os socialistas, manexando os datos do propio Goberno central, estiman en 1.625 millóns de euros por ano o custe que os recortes terán para Galicia, o que supón 1.600 euros por familia e ano

O Presidente do Grupo Parlamentario Socialista e Secretarios Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, compareceu hoxe en rolda de prensa xunto ao portavoz parlamentario, Abel Losada, para anunciar a petición de comparecencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para dar conta das consecuencias para os galegos e as galegas das medidas anunciadas por Rajoy no Congreso e aprobadas hoxe no Consello de Ministros.

O líder dos socialistas galegos cualificou esta petición de comparecencia como “a máis importante desde que temos en marcha o Parlamento de Galicia”, dado o momento dramático que economicamente están a padecer moitas familias e de convulsión social como reacción ás medidas emprendidas polo Goberno.

Insistiu Pachi Vázquez na importancia de que Feijoo acepte esta comparecencia. Do contrario, afirma o socialista, o Parlamento serviría só de “caixa de resonancia” dos anuncios publicitarios do Goberno galego, “que leva a este país ó momento máis crítico da democracia”.

Acusou a Rajoy e a Feijoo de ser responsables dun “engano masivo” que afecta a 720.000 pensionistas, 270.000 parados e 200.000 funcionarios en Galicia. Por iso reitera que “esta comparecencia é de obrigado cumprimento”.

NO MOMENTO CRÍTICO FEIJOO FUXE DE “XIRA ELECTORAL” POR IBEROAMÉRICA

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e presidente do Grupo Parlamentario recrimina a Núñez Feijoo que opte por “esconderse” e contempla con sorpresa que o Presidente de Galicia “no momento máis duro, coa xente preocupada, os pensionistas pagando os medicamentos, con toda a economía galega asumindo o IVE, cos funcionarios saíndo á rúa”, Feijoo elixe de novo a fuxida e escapa a “unha xira electoral para recadar votos en toda a comunidade iberoamericana.

“Está claro que o presidente ten moi difícil comparecer”, asevera Pachi Vázquez, “porque este mesmo Presidente que chegou dicindo que arranxaría o paro en Galicia en 45 días xa hai máis de tres anos, foi o mesmo que recorreu Galicia dicindo que, cando chegase Rajoy ían baixar os impostos, nunca subirían o IVE, nunca se tocaría o seguro de desemprego, nunca habería copago e se remataría coa crise practicamente coa chegada do Goberno conservador”.

O dirixente socialista cifrou, manexando os datos feitos públicos polo propio Goberno Central, en 1.625.000€ por ano o que lle custará a Galicia os recortes de Rajoy. En definitiva, 1.600€ a cada familia galega. Pachi Vázquez chamou a atención sobre as dimensión deste impacto económico, pois supón o 15% do Orzamento da Xunta ou o 3% do PIB galego.

UN GOBERNO DESNORTADO

O dirixente socialista acusou ao Goberno de Feijoo de actuar como se estivese “desnortado”. “Entran a defender os intereses de Galicia e saen apoiando a proposta do Goberno”, dixo en relación á posición de Galicia no Consello de Política Fiscal e Financeira de onte. Condenou ademais a actitude da Xunta respecto a outras comunidades do PP, que deixaron constancia do seu malestar a través da abstención.

“Feijoo dobra o xeonllo ante Génova e vota docilmente a unha medida que prexudica a Galicia”, sentenciou Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar