Escurantismo na xestión da sanidade pública de Galicia

Escurantismo na xestión da sanidade pública de Galicia

Escurantismo na xestión da sanidade pública de Galicia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe “escurantismo” na xestión do Sergas, lembrando os recortes nas vacinas da hepatite C e pediátricas, a ausencia de explicacións polos sucesos da Unidade de Saúde Mental de Conxo, ou a concesión do concurso de ambulancias do 061, que está a ser investigado.

Na comparecencia do conselleiro de Sanidade diante do Pleno do Parlamento, o responsable socialista reclamou hoxe de novo que aparten das súas funcións aos altos cargos investigados polos recortes nas vacinas da hepatite C e que declararán mañá mércores no xulgado. Lembrou a “obriga moral” coas familias das vítimas, ás que estes continúan atendendo mentres son investigados.

Torrado sinalou que o conselleiro ten “pouco de qué presumir” con relación á prestación de vacinas na sanidade pública logo das graves consecuencias provocadas pola súa xestión investigada no caso da hepatite C, ou de ter suprimido as vacinas do tétanos para os rapaces por falla de subministros.

Urxiu ademais unha explicación polos graves sucesos rexistrados na Unidade de Saúde Mental do Hospital Psiquiátrico de Conxo, que tamén está a ser investigada e que “require dunha comparecencia específica e non que aproveite vostede a súa presenza hoxe como quen aproveita que o Miño pasa por Ourense”.

Tamén sinalou a falla de explicacións logo do concurso de ambulancias do 061 por 121,6 millóns de euros, cando as concesionarias xa tiñan os vehículos adaptados e rotulados antes mesmo de que se abriran os pliegos de condicións. Un caso, sinalou, que tamén está a ser investigado nos xulgados.

Trantran

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de xestionar a sanidade “para ir ao trantran” e responsabilizouno da precarización da sanidade galega logo dos recortes en persoal e medios.

Neste sentido, advertiu que entre 2009 e 2016 só foron contratados de maneira estable o 20 por cento dos MIR formados en Galicia, co que “estamos formando unha xeración de profesionais altamente cualificados para que se beneficien outros”.

Julio Torrado advertiu que os recortes do goberno galego afectan directamente á calidade asistencial, con subas das listas de espera mesmo a pesares dos “trucos estatísticos” aplicados polo goberno galego, que só publica as listas “estruturais”, e que mesmo nestes casos son retiradas cando estas son pechadas.

Sinalou que as listas de espera de primeira consulta en decembro de 2016 revelaban unha espera media de 53 días en A Coruña, 103 en neurociruxía e 100 en anestesia, outros 65 días en Ferrol, con 100 días en oftalmoloxía e 84 en xinecoloxía, e 60 días en Vigo, con 123 en Cirurxía vascular e 120 en xeriatría, sen ter en conta a saturación de urxencias polo pico da gripe deste inverno.

Os socialistas galegos reclamaron o reforzo da atención primeira contratando novos profesionais, nomeadamente en Pediatría, a posta en marcha dun novo Plan de Mellora da Atención Primaria, e medidas para mellorar as condicións de traballo dos profesionais, como permitir a prescrición de medicamentos polos enfermeiros ou ampliar o catálogo de probas diagnósticas, así como novos plans de continxencia para as urxencias.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar