Escurantismo na xestión da Fundación Cela por parte da Xunta

Escurantismo na xestión da Fundación Cela por parte da Xunta

Escurantismo na xestión da Fundación Cela por parte da Xunta

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, denunciou hoxe o “escurantismo” na xestión da Fundación Camilo José Cela, asumida pola Xunta logo da renuncia da súa directora xerente, imputada xunto co ex conselleiro e ex membro do Consello de Contas, Dositeo Rodríguez, nun presunto delito de malversación ao simular o despido do seu predecesor no cargo.

O responsable socialista presentou hoxe unha pregunta oral na Comisión de Cultura para reclamar “que se restableza a transparencia desta Fundación”, e que o goberno galego dea conta da súa situación e “se ao facerse cargo da súa xestión intentou acadar información sobre os feitos” que provocaron a investigación xudicial.

Vázquez advertiu que os feitos “teñen posto en cuestión a viabilidade desta Fundación, e dende logo teñen posto en cuestión o seu funcionamento, o papel da propia Xunta e tamén causado un dano ao legado do propio escritor”. Sinala que o novo papel do goberno galego á cabeza da Fundación obriga a un “papel activo á hora de esclarecer moitas das dúbidas que se teñen vertido sobre o seu funcionamento”.

Lembra que a Fundación, que pasou a formar parte do sector público en 2010, non apareceu consignada nos orzamentos da Xunta ata 2013, tendo en conta que 258.000 euros, o 80 por cento do seu orzamento, era aportado polo Goberno galego. No ano 2015 produciuse a imputación de varias persoas presuntamente por incrementar a indemnización por despido do seu anterior xerente de 96.000 a 150.000 euros.

Sinala que nestes feitos están implicados e imputados o ex conselleiro Dositeo Rodríguez, membro do Padroado da Fundación, por xestionar e acordar o que a xustiza considera como un “despido simulado” con quen sería a continuación xerente da entidade, e que ademais resulta ser a súa filla. Tamén se investiga, sinala, a contratación como conserxe dunha persoa que supostamente traballaba na residencia privada de Marina Castaño.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar